O Sergas pon en marcha unha vía rápida para a atención das persoas alérxicas ao veleno de avispas e abellas
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática do Sergas Lectura automática
» Axuda
.
10 08 2018

​O Servizo Galego de Saúde vén de poñer en marcha unha vía rápida para mellorar a accesibilidade ao sistema sanitario de todas as persoas que poidan ter alerxia ao veleno de himenópteros, é dicir abellas e avispas. En concreto, esta actuación ten como obxectivo axilizar o adecuado diagnóstico e tratamento dos pacientes que sufriron unha anafilaxia pola picadura dun himenóptero.

Coa posta en marcha desta vía rápida, calquera paciente que chegue cunha reacción anafiláctica por picadura de himenóptero a calquera dispositivo asistencial (ben sexa a través do 061, centros de saúde, as urxencias dos Puntos de Atención Continuada, ou as urxencias hospitalarias) recibirá o tratamento necesario e ademais de forma rutinaria se lle practicará unha analítica específica que axuda ao diagnóstico da alerxia (mostra de sangre para a determinación de triptasa).
 
Así mesmo, será emprazado ao seu médico de familia que o derivará se cumpre os criterios ao especialista de alergoloxía para a consulta presencial nun prazo de 15 días, e tamén lle prescribirá un autoinxector de adrenalina e as instrucións para o seu manexo (por se o precisa antes da consulta co especialista de alergoloxía).
 
A vía rápida homoxeneiza a atención sanitaria en todas as áreas do Sergas e define con claridade qué pacientes cumpren criterios de anafilaxia e poderán ser incluídos nesta vía rápida. Non serán candidatos os pacientes con reaccións locais por picaduras, reaccións cutáneas sen outros síntomas, ou reaccións por picaduras múltiples. No caso de que non se cumpran criterios de anafilaxia, prestarase a atención sanitaria pertinente en función da patoloxía do paciente

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss