Sanidade segue os tempos marcados para licitar a obra do Gran Montecelo o vindeiro ano
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática do Sergas Lectura automática
» Axuda
.
12 09 2018

 

​O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, informou hoxe no Parlamento sobre os progresos que se están a levar a cabo no proxecto do Hospital Gran Montecelo. Segundo afirmou Almuiña, o Servizo Galego de Saúde está cumprindo co cronograma marcado, para conseguir o obxectivo previsto de licitar a obra do Hospital Gran Montecelo no ano 2019. Polo tanto, segundo dixo “paralelamente á tramitación do proxecto sectorial, estase a traballar na supervisión do anteproxecto en colaboración cos distintos servizos do hospital e cos arquitectos redactores.” Unha vez realizada a revisión do anteproxecto tanto da Fase I como da Fase II cos profesionais do Hospital,  procederase á redacción do proxecto de execución das obras da Fase I co obxectivo de telo terminado a finais de ano.
 
Almuiña destacou que o Gran Montecelo, será un novo hospital público máis amplo, máis humano e con capacidade para atender as necesidades asistenciais dos próximos 50 anos. “Un hospital que nos permitirá ter unha atención sanitaria máis moderna, áxil, próxima ao usuario e coa última tecnoloxía”, remarcou.
 
O titular de Sanidade lembrou que o proxecto do Hospital Gran Montecelo naceu cun alto grado de consenso entre os profesionais da sanidade pública galega, as asociacións de veciños, as administracións e os partidos políticos con representación no consistorio pontevedrés. Ademais subliñou a importancia da colaboración das distintas administracións públicas nunha actuación deste calado.
 
Almuiña destacó que, para continuar coa metodoloxía participativa coa que se redactou o Plan Funcional e de Espazos do Gran Montecelo, Sanidade conta de novo con máis de 300 profesionais en máis de 65 reunións co  obxectivo de que o aprobado e acordado en ambos plans se reflectise no estudo previo arquitectónico.

 

Por último, Almuiña remarco que dende o Servizo Galego de Saúde séguese a traballar para que o Hospital Gran Montecelo sexa unha realidade “e así poder dar cumprimento ao noso compromiso con Pontevedra”, agradecendo tamén ao Concello pontevedrés o compromiso adquirido coa firma do convenio de colaboración.
 

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss