A XERENCIA E A XUNTA DE PERSOAL DA ÁREA SANITARIA DE A CORUÑA FIRMAN UN ACORDO DE MOBILIDADE INTERNA
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática do Sergas Lectura automática
» Axuda
.
14 09 2018

A Xerencia de Xestión Integrada de A Coruña e a Xunta de Persoal da citada área subscribiron un acordo de convocatoria de mobilidade interna voluntario dentro dos centros que compoñen o CHUAC.

O acordo, aprobado por unanimidade polos sindicatos con representación na Xunta de Persoal, supón a oferta de 1.055 prazas en total, das que 757 pertencen a persoal sanitario non facultativo, e as restantes 298, a persoal non sanitario de xestión e servizos.
Este concurso de mobilidade interna é voluntario e está destinado ao persoal estatutario con praza en propiedade que cumpra os requisitos establecidos para os postos convocados . O  último convocouse no ano 2015.
O acordo incluirá todos os postos vacantes no centro. Os méritos dos aspirantes deberanse incluír no expediente electrónico do persoal (expedient-e) antes do remate do prazo de presentación de solicitudes.
Constituirase unha comisión de traslados internos de carácter paritario composta dun representante de cada sector sindical e igual número de integrantes da dirección da Área.
Entre as súas funcións terán: aprobar as prazas a ofertar, a avaliación das actas presentadas e a elaboración das propostas de resolución dos procesos, entre outras.
Todos os membros da comisión de traslados internos terán voz e voto e os acordos serán adoptados por maioría simple dos membros presentes.
Ademais constituirase unha comisión técnica por cada unha das categorías convocadas para revisar e adoptar decisións relativas á baremación.
 
Baremo de méritos
A experiencia profesional, é dicir, a antigüidade nas institucións sanitarias públicas, a permanencia na institución, a formación continuada e docencia, e o coñecemento da lingua galega serán os baremos, en xeral, máis importantes a seguir.

A incorporación dos adxudicatarios aos seus destinos será realizada pola xerencia de xeito progresivo no tempo, nun prazo non superior aos tres meses dende a data da resolución definitiva.

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss