Sanidade a través do Programa Código100 adiántase ao futuro, imaxinando, transformando e implementando novos códigos de innovación co ánimo de converter a Galicia nunha rexión de referencia e innovación en envellecemento activo
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática do Sergas Lectura automática
» Axuda
.
14 09 2018

O Servizo Galego de Saúde, a través da Axencia de Coñecemento en Saúde (ACIS), presentará os novos pregos das tres grandes liñas de actuación que forman parte do Plan de Innovación sanitaria-Código 100.

Esta xornada enmárcase dentro do plan de innovación sanitaria Código 100 executado no marco dun convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades, financiado nun 80% por Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional (FEDER) 2014-2020 do Programa Operativo de Crecemento Intelixente (POCINT).

O acto terá lugar o vindeiro martes 18 de setembro no Salón de Actos da Consellería de Sanidade na que se explicarán as novas licitacións. A inauguración correrá a cargo do Conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, ao que acompañarán o Xerente do Servizo Galego de Saúde e a Xerente da Axencia de Coñecemento en Saúde.

Na páxina web https://codigo100.sergas.es poderanse escribir na xornada ata o 17 de setembro ás 13.00 horas. A xornada tamén poderá seguirse vía streaming.

Na xornada exporanse as novas Plataformas Tecnolóxicas para a xestión do coñecemento en saúde e de xestión de competencias profesionais que se están a desenvolver.

Así mesmo, serán os profesionais do Servizo Galego de Saúde os que na liña de terapias, profesionais e empoderamento exporán as necesidades e retos a solucionar polo mercado con ferramentas como a realidade virtual, a intelixencia artificial ou a biotecnoloxía. 

A través da liña de profesionais búscase a planificación estratéxica da formación e o coñecemento da organización, detectar de forma temperá o talento existente en base a competencias e a harmonización da produción científica e investigadora.
 
Na liña de terapias avanzadas búscase a incorporación ao sistema público de saúde de novas terapias que posúan o potencial de adaptar o tratamento coa mellor resposta e a maior marxe de seguridade para garantir un mellor coidado do doente tendo en conta as súas características individuais e patoloxías.
 
Na de empoderamento búscase converter ao doente nun axente fundamental para a autoxestión da súa enfermidade e a mellora dos seus propios resultados de saúde.
 
Para elo, utilizarase por primeira quenda o novo procedemento de Asociación para a innovación prevista na recente lei de contratos do sector público que permitirá ao Servizo Galego de Saúde adquirir as solucións innovadoras previamente desenvoltas polas empresas adxudicatarias.
 
Código 100 adiántase ao futuro, imaxinando, transformando e implementando novos códigos de innovación dirixidos a unha poboación envellecida co ánimo de converter a Galicia nunha rexión de referencia en innovación en envellecemento activo. Unha rexión onde se poda vivir con calidade 100 anos e onde se innova para acadar este fin. 
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss