Almuiña destaca que é necesaria a implicación e coordinación sanitarias e sociosanitarias para a atención e o coidado integral da persoa con alzheimer
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática do Sergas Lectura automática
» Axuda
.
22 09 2018

 

 
​A atención ás enfermidades neurodexenerativas é unha prioridade para a Consellería de Sanidade e o Servizo Galego de Saúde. Actualmente en España hai 400.000 personas diagnosticadas de Alzheimer e as previsións indican que esta cifra podería multiplicarse por catro nos próximos cincuenta anos. O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, destacou que ademáis en Galicia o envellecemento poboacional e a dispersión xeográfica “fan aínda máis necesaria a implicación e coordinación das estruturas sanitarias e sociosanitarias na atención e o coidado integral da persoa con Alzheimer”.
 
O conselleiro de Sandidade inaugurou a gala 20 aniversario de FAGAL (Federación Alzhéimer Galicia)de FAGAL, acompañado pola directora xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fabiola García.
 
Almuiña destacou que o Goberno galego é consciente desa necesaria coodinación, “especialmente nas persoas con demencia que residen en centros sociosanitarios da nosa comunidade e para elo puxemos en marcha un proxecto que regulará a coordinación non só a nivel autonómico, senón tamén no nivel de área sanitaria, para realizar unha atención o máis personalizada posible”.
 
Sanidade tamén ten e un proxecto concreto (enmarcadona Estratexia SERGAS 2020)  para a mellora da atención a pacientes con enfermidades neurodexenerativas, que consiste na elaboración e implantación dun procedemento asistencial integrado para as persoas afectadas por esta enfermidade.

 

Ademáis, a Consellería de Sanidade e a Federación Alzheimer Galicia contan cun convenio de colaboración. Entre os seus obxectivos, o conselleiro de Sanidade destacou o de darlle máis valor ao papel dos familiares e coidadores, “proporcionándolles actividades de información e apoio; e incidir na formación,  porque somos conscientes de que dar unha formación de calidade aos profesionais que atenden ás persoas con Alzheimer redunda nun beneficio directo para eles”.
 

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss