O conselleiro de Sanidade pon en valor o labor de sensiblización a prol da doazón na inauguración do I Concurso de carteis para escolares relacionado coa doazón e os transplantes
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática do Sergas Lectura automática
» Axuda
.
28 09 2018

​O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, puxo de manifesto a necesidade de promover iniciativas conxuntas procedentes do ámbito sanitario e educativo para fomentar unha cultura solidaria proclive á doazón, no transcurso da inauguración da exposición de debuxos premiados no I Concurso de Carteis para escolares relacionado coa doazón e os transplantes, que tivo lugar no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.

O Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo acolle esta mostra itinerante, organizada pola Asociación de Doadores e Receptores de Órganos de Vigo (ADROVI), e recopila os traballos presentados por 519 estudantes procedentes dos 24 centros académicos galegos que tomaron parte neste certame.
 
O acto inaugural contou, ademais, coa presenza do xerente da EOXI de Vigo, Félix Rubial Bernárdez; o presidente de ADROVI, Celso García Estévez, e a técnica da Coordinación Autonómica de Transplantes de ADOS, Marta Álvarez Vázquez.
O titular do departamento sanitario do Executivo galego manifestou a necesidade de fomentar “unha conciencia solidaria proclive á doazón na sociedade galega desde todos os ámbitos e niveis educativos e desde a perspectiva dos máis novos”. Neste punto, salientou que a “inestimable colaboración de asociacións e colectivos como a Asociación de Doadores e Receptores de Órganos de Vigo que achegan a nosa mensaxe moi preto da cidadanía”, manifestando que as liñas de traballo abertas con asociacións como ADROVI permiten informar, formar e sensibilizar en torno á importancia da doazón.
 
Premiados
No transcurso da inauguración desta mostra, as alumnas do IES Carlos Casares de Vigo, Irene Jardón Castro e Area García López, primeiro e segundo premio respectivamente na categoría de primeiro ciclo de ESO, así como a docente do antedito centro educativo, Beatriz Martínez Cordeiro, recibiron unha placa de homenaxe. Ademais, a profesora Almudena Lacomba Maruri recolleu o premio correspondente ao IES Carlos Casares.
 
Jesús Vázquez Almuiña sinalou que tres dos catro traballos gañadores no I Concurso de Carteis para escolares relacionado coa doazón e os transplantes, correspóndense con estudantes de centros escolares de cidade de Vigo, circunstancia que considera non casual ao ter en conta que a área sanitaria viguesa ten, na actualidade, 29.942 tarxetas de doante de órganos, cifra que pon de manifesto o carácter xeneroso e comprometido dos seus veciños e veciñas.

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss