O 061 de Galicia iniciou a súa actividade dende o Centro integral de atención ás emerxencias na Estrada con total normalidade
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática do Sergas Lectura automática
» Axuda
.
03 10 2018

A Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 iniciou esta noite a súa actividade desde o Centro Integral de Atención ás Emerxencias (CIAE) na Estrada con total normalidade. Ás 23:30 horas da pasada noite comezou a funcionar a central de coordinación situada no CIAE ao tempo que continuaba activa a central de coordinación de San Marcos en Santiago. Progresivamente, a central da coordinación do 061 no CIAE foi incrementando a súa actividade ata as 02:00 horas do día de hoxe, en que as urxencias e emerxencias sanitarias da Comunidade pasáronse a atender unicamente desde a central de coordinación situada na Estrada.

A central de coordinación do 061 de Galicia recibiu a primeira chamada de asistencia sanitaria ás 23:32 procedente do Punto de Atención Continuada de Moaña. A primeira demanda sanitaria atendida correspondeu a un servizo no que se atendeu a unha persoa que necesitaba atención sanitaria urxente na vía pública no concello de Vilalba. En total, entre as 23:30 e as 08:00 desta mañá a central de coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 461 chamadas.
 
Equipo humano
Co obxectivo de garantir a eficiencia na asistencia sanitaria urxente, Urxencias Sanitarias de Galicia-061 contou durante a pasada noite cun equipo humano composto por seis teleoperadores, ata as 02:00 da mañá, e catro teleoperadores, ata as 08:00 horas; dous locutores, ata as 02:00 horas; un formador, e tres médicos e un enfermeiro en ambas as dúas centrais de coordinación.
 

O cambio de traballo de persoal de administración comezou onte coa incorporación ao centro da Estrada do persoal do Servizo de Sistemas e Tecnoloxías da Información e hoxe incorporouse parte do persoal de administración. Está previsto que para o próximo día 15 estea traballando todo o persoal administrativo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 no Centro Integral de Atención ás Emerxencias.

Deste xeito, a Consellería cumpre o acordo do Consello da Xunta de Galicia no que se establecía o cambio do centro de traballo da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 ás instalacións da Academia Galega de Seguridade Pública co obxectivo de que a Comunidade Autónoma galega contase cun Centro Integral de Atención ás Emerxencias para garantir á poboación galega unha atención coordinada, eficaz e rápida en calquera lugar e situación.

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss