O Servizo de Neurofisioloxía organiza a reunión anual da sociedade nacional que reúne a máis de 250 especialistas en Compostela
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática do Sergas Lectura automática
» Axuda
.
04 10 2018

Santiago, 4 de outubro 2018.- Máis de 250 expertos internacionais en neurofisioloxía clínica danse cita até mañá 5 de outubro, en Compostela, na LVI Reunión Anual da Sociedade Española da especialidade.

Esta mañá tivo lugar a inauguración a cargo do conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, que estivo acompañado, entre outros, pola xerente da área sanitaria de Santiago, Eloína Núñez Masid e polo presidente do comité organizador José Luis Relova, xefe do servizo de neurofisioloxía clínica da Xerencia de Santiago, unha especialidade básica que destaca polo seu carácter innovador e transversal.

O Servizo de Neurofisioloxía Clínica da XXIS participa xunto ao de neuroloxía e neurocirurxía, nas cirurxías de estimulación cerebral profunda e da epilepsia (amais de determinar o diagnóstico definitivo da patoloxía), no que o centro santiagués é CSUR (centro estatal de referencia).
Estas técnicas más complexas veñen a sumarse á actividade convencional. As máis habituais son as electroencefalografías, que no Hospital Clínico, a diferencia doutros centros, fanse as 24 horas a pé de cama, en pacientes epilépticos pero tamén nas unidades de críticos. De media realizan unhas 8 exploracións en horario de mañá e de urxencia, unhas 2 diarios.
A neurofisioloxía clínica ten como obxectivo a exploración funcional do sistema nervioso, para o que utiliza, amais da electroencefalografía, técnicas como a electromiografía, os potenciais evocados, a estimulación magnética transcraneal, a magnetoencefalografía, con fins diagnóstiscos e terapéuticos como as alteracións do sono, as alteración neuromusculares... Estas técnicas neurofisiolóxicas son claves no diagnóstico, cuantificación e seguimento de distintas enfermidades neurolóxicas, dos órganos dos sentidos e do músculo.
A Neurofisioloxía Clínica é unha especialidade que dá soporte, ás veces imprescindible, a outras especialidades principalmente Neurociruxía, Neuroloxía, Psiquiatría, Pediatría, Urxencias, Rehabilitación, Reumatoloxía e Traumatoloxía, pero tamén a especialidades como a Medicina Interna, Neumoloxía, Otorrinolaringoloxía, Oftalmoloxía, Traumatoloxía, Medicina Intensiva, Medicina Legal, Medicina do Traballo, etc. Todas elas demandantes de exploracións neurofisiolóxicas o que pon de manifesto o carácter de servizo central.
Dos campos que teñen experimentado un enorme crecemento na neurofisioloxía destacan os estudos do sono e a monitorización neurofisiolóxica cirúrxica. É de supoñer que este crecemento continúe nos próximos anos e que outras técnicas como análises da marcha, movementos oculares, etc... se sumen ao abano de probas complementarias de utilidade para o diagnóstico das enfermidades neurolóxicas.
De todo elo falarase no transcurso da reunión, que se celebra até o venres en Santiago e que conta con poñentes nacionais e tamén chegados de Francia, Alemaña e Reino Unido.


 

 

Saúdos,

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss