O Sergas convoca o concurso de traslados para o persoal funcionario da escala de saúde pública e administración sanitaria
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática do Sergas Lectura automática
» Axuda
.
09 10 2018

​O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica, na súa edición de hoxe, unha Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Sergas pola que se convoca concurso de traslados para a cobertura de postos de traballo de persoal sanitario funcionario incluído baixo o ámbito de aplicación da Lei 17/1989, do 23 de outubro, pertencentes á escala de saúde publica e administración sanitaria.

Neste proceso ofértanse un total de 138 destinos correspondentes ás clases de licenciado en Medicina e Cirurxía, licenciado en Farmacia, licenciado en Ciencias Químicas, licenciado en Ciencias Biolóxicas, Inspector Médico, Inspector Farmacéutico, Farmacéutico Inspector de Saúde Pública, ATS/DUE e Subinspector Sanitario.

Ademais, serán obxecto de adxudicación neste proceso os postos de traballo, en resultas, que queden vacantes como consecuencia da obtención dun novo destino polo persoal funcionario de carreira que participe neste proceso.

O prazo para a presentación de solicitudes iniciarase maná, mércores 10 de outubro, e finalizará o  vindeiro 9 de novembro (incluído). O formulario de inscrición estará dispoñible desde mañá na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es)

As solicitudes de participación así como a documentación acreditativa dos requisitos e méritos dirixiranse á Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde e deberán presentarse no Rexistro Xeral dos servizos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde, ou a través de calquera dos procedementos do artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Para a adxudicación dos novos postos teranse en conta os méritos dos profesionais relativos á experiencia profesional, formación académica e continuada e grao de coñecemento do idioma galego así como diversas medidas de conciliación e de igualdade de xénero.

As bases da convocatoria contemplan tamén unha puntuación específica adicional para o persoal funcionario afectado polo Plan de ordenación de recursos humanos dos laboratorios de saúde pública, para o suposto de que a praza solicitada estea situada na mesma localidade que o destino de orixe afectado por este Plan.

Habilítase o seguinte enderezo de correo electrónico no que os profesionais poderán dirixir as súas dúbidas ou consultas: concurso.traslados@sergas.es.

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss