SANIDADE CONTARÁ COAS APORTACIÓNS DE PROFESIONAIS, INSTITUCIÓNS E CIDADÁNS PARA DESENVOLVER O PROXECTO DO NOVO HOSPITAL DA CORUÑA
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática do Sergas Lectura automática
» Axuda
.
17 10 2018
 
​A Consellería de Sanidade convocará a partir da vindeira semana reunións con diferentes colectivos para abordar o proxecto do que será o novo hospital da Coruña e a súa área de influencia. O obxectivo é acadar un proxecto aberto transparente e participativo, cun alto grao de consenso, e que cumpla coas expectativas para os próximos trinta anos da poboación da área coruñesa desde o punto de vista asistencial e técnico.
 

 

O novo hospital da Coruña prevese como unha gran actuación no eido das infraestruturas sanitarias. Neste senso, a Administración sanitaria previo ao inicio do proxecto quere establecer canles de comunicación participativas e contar coas aportacións dos principais axentes implicados, como o concello, colexios profesionais, asociacións veciñais e de pacientes, representantes das administracións locais, organizacións sindicais, etc. 

 

A Consellería de Sanidade ten o compromiso de captar as sensibilidades de todos os ámbitos sociais, tanto no que se refire aos profesionais e aos seus representantes -como grandes coñecedores do sistema e capaces de achegar propostas de mellora- como aos cidadáns, aos que se debe o sistema sanitario.
 

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss