O SERVIZO DE TRAUMATOLOXÍA E CIRURXÍA ORTOPÉDICA DO CHUAC IMPLANTA 600 PRÓTESES DE XEONLLO AO ANO
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática do Sergas Lectura automática
» Axuda
.
25 10 2018
Hoxe xoves da comezo no Hospital Teresa Herrera de A Coruña o IV Curso de Patoloxía de Xeonllo que organiza o Servizo de Traumatoloxía e Cirurxía Ortopédica do CHUAC.

A este curso, que se desenvolverá entre o Centro Tecnolóxico de Formación e o salón de actos do Hospital Teresa Herrera, acudirán importantes cirurxáns vidos de toda Galicia, así como do resto do territorio nacional e de Portugal.
 
Entre os temas máis destacados que se abordarán ao longo deste xoves cabe lembrar o da traumatoloxía deportiva. Por unha banda as lesións meniscais e o seu  tratamento con suturas, novidosa técnica que mellora os resultados deste tipo de lesións xa que non se extraen as zoas de rotura como se facía con anterioridade. E por outra, a cirurxía de ligamentos do xeonllo, con especial atención á cirurxía do ligamento cruzado anterior e á realización de técnicas anatómicas novidosas.
 
Ao longo destes dous días, ademais dos apartados teóricos, os participantes no curso realizarán prácticas en membros de cadáver tanto de patoloxía de menisco como de ligamentos.

Mañá venres o curso cambia de temas e céntrarase na patoloxía dexenerativa do xeonllo e o seu tratamento con próteses totais. Neste caso trataranse as distintas posibilidades técnicas para colocar axeitadamente unha prótese de xeonllo, así como as posibles complicacións e as posibilidades da fixación con defectos óseos importantes.
 

Casuística desta patoloxía
O servizo de traumatoloxía e cirurxía ortopédica do CHUAC implanta ao redor de 600 próteses de xeonllo ao ano, ao que hai que engadir as cirurxías realizadas por fracaso ou desgaste da propia prótese, o que supón unhas 100 cirurxías anuais máis.
 
A incidencia das lesións meniscais agudas é de 61 por cada 100.000 habitantes, e un tercio destas están asociadas a roturas de ligamento cruzado anterior.

En canto á casuística por sexos, a proporción homes/mulleres é de 2,5/4. En pacientes con idades superiores aos 65 anos as roturas meniscais de tipo dexenerativo ascende ao 60%.

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss