O SERVIZO DE FARMACIA DO CHUAC RECIBE O PREMIO OAT PARA A MELLORA DA ADHERENCIA AO TRATAMENTO CON MEDICAMENTOS ONCOHEMATOLÓXICOS
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática do Sergas Lectura automática
» Axuda
.
24 10 2018
Esta tarde foron entregados no Palacio de Correos en Madrid, os premios da Organización para a Adherencia Terapéutica (OAT), recaendo no Servizo de Farmacia do CHUAC, que dirixe Isabel Martín, o primeiro premio na área de medicamentos oncolóxicos.
 
O premio é un recoñecemento ao traballo realizado por todos os profesionais na área de oncoloxía do CHUAC. O servizo de farmacia, en colaboración co equipo asistencial formado por médicos e enfermeiras, desenvolve unha intensa labor para que os pacientes reciban a información necesaria para asegurar unha correcta toma da medicación oral oncolóxica. Para elo, realízase un seguimento dos pacientes e se atenden as consultas relacionadas coa medicación, tanto dos propios pacientes como dos seus familiares e coidadores. Informar, motivar e corresponsabilizar aos pacientes co seu tratamento é un dos obxectivos das consultas de Atención Farmacéutica.
 

Diariamente aténdense mais de 180 consultas de dispensación de medicamentos no Hospital. Destas, aproximadamente 30 corresponden a medicación oncohematolóxica nunha consulta monográfica de Atención Farmacéutica ao paciente oncolóxico e hematolóxico, permitindo o seguimento mensual a lo longo dos ciclos que dura o tratamento.
 
O obxectivo destas consultas é dedicar o tempo óptimo e de calidade a cada paciente, proporcionar información e axudar en todo o relativo á correcta administración destes medicamentos.
 
A adherencia terapéutica
A Adherencia é un termo que se utiliza para definir o grao no que un paciente cumpre coa toma da medicación segundo a prescrición que realizou o médico e as recomendacións dadas. Ser adherente significa tomar a medicación na dose correcta, no momento axeitado e do modo preciso.

A adherencia implica un compromiso do paciente co seu tratamento i é un dos factores máis importantes que determinan o óptimo resultado do medicamento. Pero se cumprir cun tratamento farmacolóxico é algo obvio e necesario para lograr o obxectivo de saúde que pretendemos, hai moitas causas que determinan que ao longo dese tratamento farmacolóxico o cumprimento co mesmo non sexa do 100% e que ademais vaia diminuíndo a medida que o tratamento se prolonga. En tratamentos crónicos, en patoloxías cardiovasculares ou respiratorias, barállanse cifras de adherencia en torno ao 50-60%. Neste caso, o dos medicamentos orais para o tratamento do cancro, a cifra de adherencia é superior ao 70% na maioría de todos os estudios.
A adherencia ao tratamento é fundamental, posto que os novos medicamentos orais utilizados nos tratamentos oncolóxicos proporcionan melloras importantes na supervivencia destes pacientes, xa que son tratados durante longos períodos de tempo, para o que é esencial confirmar a súa correcta utilización, e así asegurar os resultados que se esperan.
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss