Máis de 90.000 persoas teñen participado no 2017 no Programa galego de detección precoz do cancro colorrectal
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática do Sergas Lectura automática
» Axuda
.
26 10 2018
 

A Conselllería de Sanidade, xunto co Servizo Galego de Saúde, ten en marcha o Programa galego de detección precoz do cancro colorrectal, iniciativa na que, durante o ano 2017, teñen participado máis de 90.000 persoas entre os 50 e 69 anos, das ao redor de 200.000 invitadas a participar. Esto supón unha participación global do 42,3%. Os resultados positivos foron no 6,75% das probas realizadas. Así o destacou o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, no acto de inauguración da IV Xornada provincial de benestar social das persoas ostomizadas para pacientes profesionais e coidadores, que ten lugar na cidade do Lérez.

Na provincia de Pontevedra, o programa foi dirixido a 34.167 usuarios do Sergas, entregando a súa mostra un 41,5%. Destes, foron positivos o 6.98%. Ademais, realizáronse un total de 1.058 colonoscopias que detectaron 192 persoas con adenoma de alto risco, 226 con adenoma de risco medio, 299 con adenomas de risco baixo e 51 con cancro invasivo.

Almuiña destacou que o tempo medio de espera dende que se entrega o test ata que se lle realiza a colonoscopia ao paciente é de 29 días.
 
Comunicación cos pacientes
Tamén remarcou o titular da carteira sanitaria do Executivo galego que o Sergas ten implementado a e-interconsulta de ostomías, que permite a profesionais de enfermería dos centros de saúde consultar aquelo que consideren cos responsables das consultas de ostomías a través desta modalidade. Esta iniciativa resulta moi eficiente e áxil para dar unha pronta solución a problemas na atención primaria.

O conselleiro fixo especial fincapé na gran responsabilidade que ten o profesional non só en manter actualizados os coñecementos científicos relacionados coa ostomización senón, tamén, na necesidade de ser capaces de establecer unha comunicación de calidade para cos pacientes e as súas familias.

 

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss