Sanidade fai un chamamento a vacinarse fronte á gripe como a mellor forma de protexerse contra a enfermidade
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática do Sergas Lectura automática
» Axuda
.
08 11 2018

​O equipo directivo da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade acudiu esta mañá a vacinarse da gripe, dentro da campaña de vacinación que está a levar a cabo o departamento que dirixe Jesús Vázquez Almuiña para protexerse contra esta enfermidade. Dende Sanidade lémbrase que a vacina é a mellor forma para protexerse fronte a gripe e evitar as complicacións asociadas á mesma. De momento, no que vai de campaña, administrouse a vacina a un total de 290.396 persoas, 20.426 persoas máis que o mesmo día do ano anterior.

Galicia conta con 900 puntos de vacinación repartidos por toda a comunidade: centros de saúde e hospitais da rede Sergas, centros sanitarios privados, residencias da 3ª idade e outros centros con residentes susceptibles de beneficiarse desta vacinación,  coma centros penitenciarios, entre outros.

A Consellería de Sanidade oferta a vacinación a todas as persoas de 60 ou máis anos e aos menores desa idade pertencentes aos grupos de risco (con patoloxías crónicas cardíacas, respiratorias, renais, endocrinas..., con cancro ou outras inmunodeficiencias, con obesidade mórbida, con disfunción cognitiva…). Tamén entran nos grupos de risco os que conviven coas persoas antes mencionadas, o persoal sanitario e os traballadores esenciais para a comunidade.

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss