SINATURA DO ACORDO DE COLABORACIÓN ENTRE A XXI A CORUÑA E ASANOG PARA O DESENVOLVEMENTO DO PROGRAMA “MEU BEN”
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática do Sergas Lectura automática
» Axuda
.
13 11 2018

Esta mañá tivo lugar a sinatura do acordo de colaboración entre a Xerencia de Xestión Integrada da Coruña e ASANOG (Asociación de Axuda a Nenos Oncolóxicos de Galicia) para levar a cabo o programa “MEU BEN”.
Este programa ten como obxectivo prioritario que os nenos e nenas con procesos oncolóxicos, na súa condición de pacientes con enfermidades de media e longa duración, así como os seus familiares, afronten o tratamento co mellor apoio posible. Para isto, e tras avaliar as necesidades que teñen os pacientes durante o tratamento intensivo da enfermidade, deseñarase e desenvolverase un plan individualizado para cada neno e nena coas diferentes intervencións rehabilitadoras que precisen.
A duración da firma deste acordo será de tres anos, podendo prorrogarse por mutuo acordo das partes por períodos de tres anos ou menos.
 
Programa MEU BEN
Dende vai tempo, os obxectivos dos tratamentos non son só curar, se non “curar mellor”, reducindo os posibles efectos secundarios e optimizando a calidade de vida. Este proxecto busca mellorar a atención a todas as necesidades dos nenos e nenas con cancro, dende unha abordaxe multidisciplinar que englobe os problemas médicos, físicos, sociais e tamén espirituais do paciente e a súa familia, mediante o desenvolvemento dos beneficios da actividade física controlada.

O exercicio físico no ámbito oncolóxico e pautado por un profesional, realízase para previr e reducir os efectos secundarios dos tratamentos oncolóxicos de forma individualizada, e que, polos seus efectos globais no organismo, mellora a saúde, a calidade de vida y la supervivencia destes pacientes, ademais de fortalecer o sistema inmunitario e evitar os problemas causados polos prolongados períodos que o paciente pasa encamado, tales como a rixidez das articulacións, a a debilidade muscular, entre outros.

 
ASANOG
A Asociación de Axuda a Nenos Oncolóxicos de Galicia é unha asociación orientada a contribuír á mellora dos rapaces con procesos oncolóxicos así como ás súas familias, tanto no aspecto médico como psicolóxico, pero sen esquecer o asistencial, o laboral ou o económico.
Ademais procura fomentar e desenvolver cantos medios sexan posibles para conseguir que os menores enfermos de cancro e tratados na nosa Comunidade Autónoma, teñan as mellores oportunidades de diagnóstico, tratamento e curación, coa mellor calidade de vida. Se deixar pasar a oportunidade de fomentar a investigación dos motivos que causan as enfermidades oncolóxicas nos seus socioeconómicos, así como o seu tratamento.

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss