O Sergas traslada aos traballadores dos Puntos de atención continuada unha oferta con melloras nas condicións laborais e asistenciais
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática do Sergas Lectura automática
» Axuda
.
23 11 2018
​O Servizo Galego de Saúde trasladoulle aos sindicatos esta mañá na Mesa Sectorial a súa proposta de mellora nas condicións laborais e asistenciais do persoal de Puntos de Atención Continuada (PAC). Entre elas, a administración sanitaria ofrece abonar dúas dietas de manutención nos supostos de prestación de servizos de 24 horas en domingo/festivo e a dotación progresiva de equipos de protección individual cunha imaxe corporativa común en todos os  PACS de Galicia.

A Administración sanitaria tamén mostrou a súa disposición a que as distintas xerencias teñan que negociar e acordar cos servizos os indicadores de calidade, de actividade e de resultados a incluír no acordo de xestión (ADX) do servizo. Como consecuencia, vaise eliminar o indicador actual de derivación hospitalaria que será substituído por outro ou outros indicadores que terán que ser consensuados cos profesionais

No referido ás gardas, e para mellorar na atención das urxencias extrahospitalarias,  o Sergas constatou a necesidade de establecer gardas localizadas nas xerencias. O seu  obxectivo é garantir a cobertura de situacións imprevistas de ausencia de facultativos en fins de semana e festivos nos PACs.
 
A Administración sanitaria propuxo na mesa sectorial o establecemento de nomeamentos temporais liagados á cobertura de ausencias de persoal e outras necesidades no ámbito da atención primaria. Preténdese así garantir a continuidade asistencial e dotar de maior estabilidade laboral aos médicos de familia e a os pediatras de atención primaria.

A vindeira semana convocarase unha mesa sectorial extraordinaria para coñecer á resposta dos sindicatos a esta serie de medidas.

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss