A porcentaxe de participación na categoría de médico de atención primaria das oposicións do Sergas supera o 83%
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática do Sergas Lectura automática
» Axuda
.
25 11 2018

Un total de 847 médicos de atención primaria acudiron   hoxe pola mañá ao Recinto da Feira Internacional de Galicia (Silleda-Pontevedra), para realizar os exames do concurso oposición correspondentes á convocatoria do ano 2018. O número de médicos que estaban admitidos eran un total de 1.010; o que supón unha participación do 83,86%. En quenda de tarde examinaranse os aspirantes das categorías de grupo técnico da función administrativa e técnico superior en documentación sanitaria. Ao recinto de Silleda acudiu hoxe pola mañá o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña.

Tamén se celebran hoxe pola mañá as probas da categoría de enxeñeiro técnico, ao que acudiron 163 aspirantes dos 227 que estaban citados, o que supón unha participación do 71,81%.

O número total de aspirantes admitidos para a realización das probas selectivas desta fin de semana en Silleda é de 2.557, dos cales, 1.010 corresponden á categoría de médico de familia, 277 á de grupo técnico da función administrativa, 774 á de grupo de xestión da función administrativa, 227 a enxeñeiro técnico e 269 optan a técnico superior en documentación sanitaria.

Ofértanse neste proceso un total de 286 prazas, das cales 241 pertencen á categoría de médico familia, 18 ao grupo de xestión da función administrativa, 11 a técnico superior en documentación sanitaria, 9 a grupo técnico da función administrativa e 7 corresponden a enxeñeiro técnico.
 
O 53,34% dos admitidos teñen actualmente vínculo activo co Servizo Galego de Saúde.
 
Cómpre destacar como datos de interese que o 3,17% dos aspirantes proveñen de fóra da Comunidade Autónoma de Galicia, o 41,93% teñen menos de 40 anos e o 68,36% do total son mulleres.

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss