O DOG publica hoxe o encargo á empresa Tragsa dos traballos de demolición do antigo Hospital Xeral de Lugo por un importe de máis de 3,2 millóns
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática do Sergas Lectura automática
» Axuda
.
26 11 2018
A Xunta de Galicia vén de encargar á empresa pública Tragsa os traballos de demolición do antigo Hospital Xeral de Lugo, por un importe de 3.282.684 euros. Así o recolle o anuncio da resolución da encomenda que hoxe publica o Diario Oficial de Galicia. A duración do encargo para a demolición da devandita infraestrutura sanitaria ten un prazo estimado de sete meses. Con esta encomenda a Tragsa, o Goberno galego reafirma o seu compromiso de dotar á cidadanía de Lugo, e en concreto ao barrio da Residencia, de novos servizos públicos.
 
As instalacións do antigo Hospital Xeral de Lugo, situadas no barrio da Residencia, atópanse en desuso tras a posta en marcha do Hospital Lucus Augusti. A súa demolición permitirá liberar os espazos nos que a Xunta ten previsto desenvolver unha residencia para maiores, con 120 prazas públicas, e reserva tamén unha dotación para a futura comisaría.
 
O proxecto do Novo barrio da Residencia tamén contempla a construción do Centro Integral de Saúde de Lugo (nas instalacións do antigo Materno-Infantil) e no que a Xunta prevé investir 9 millóns de euros; a nova oficina central de emprego e formación, a aceleradora areonáutica vinculada a Rozas e os servizos de climatización central común de biomasa.
 
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss