O conselleiro de Sanidade inaugura o espazo Isabel Zendal dedicado á educación sanitaria, prevención e promoción da saúde
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática do Sergas Lectura automática
» Axuda
.
26 11 2018
​O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, acudiu ao acto de presentación do libro Isabel Zendal Gómez, nos arquivos de Galicia e á inauguración do espazo Isabel Zendal da Xefatura Territorial de Sanidade, “a disposición de todos como lugar dedicado á divulgación, estudo e formación en materia de saúde en xeral, e á educación sanitaria, prevención e promoción da saúde en particular”.
 
Neste acto, o titular da carteira sanitaria do Executivo galego agradeceu ao Parlamento e ao seu vicepresidente, Diego Calvo, por escoller o espazo da Xefatura Territorial de Sanidade para a presentación na cidade da Coruña do libro, así como ao seu autor, Antonio López Mariño.
 
Ademais, felicitou ao Parlamento pola súa sensibilidade e criterio publicando os textos orixinais descubertos nos arquivos de Galicia, “que nos permiten facer este merecido recoñecemento e poder falar desta coruñesa da parroquia de Santa Mariña de Parada”.
 
Tamén agradeceu especialmente o conselleiro á Asociación Isabel Zendal e á súa presidenta, Pilar Farjas, a súa aportación na investigación, difusión e promoción da Real Expedición Filantrópica da Vacina, e en particular a figura de Isabel Zendal, e con ela aos heroes da mellor contribución filantrópica de Galicia á humanidade.
 
Coa celebración deste acto, dende a Consellería de Sanidade, “sumámonos ao esforzo por manter o recordo e a homenaxe permanente a Isabel Zendal e aos nenos que participaron na Real Expedición filantrópica da vacina da variola”. 
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss