Sanidade convoca ao Concello de Cangas a unha xuntanza para avanzar nas melloras na atención primaria
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática do Sergas Lectura automática
» Axuda
.
26 11 2018

​O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, convocou unha xuntanza para o vindeiro luns día 3 de decembro co alcalde de Cangas do Morrazo, Xosé Manuel Pazos Varela, e os voceiros municipais para seguir avanzando nas melloras dos servizos de Atención primaria na área de Cangas. O obxectivo principal desta reunión é avanzar tanto nos trámites necesarios para a cesión da parcela de 7.000 metros cadrados necesaria para a construción do centro integral de saúde (CIS), como na licitación do proxecto de obra e construción, e solventar calquera dúbida sobre o desenvolvemento desta infraestrutura sanitaria.

Durante a mesma xornada, Almuiña manterá outra reunión cos representantes das asociacións veciñais e de pacientes, nun intento de acadar a maior participación posible, tal e como se fixo no Plan de necesidades de atención primaria presentado o pasado mes de xullo, cando por primeira vez realizouse planificación da atención primaria nunha comarca.

O Plan de necesidades de Atención primaria de Cangas e Moaña contou cunha ampla participación de todos os profesionais das estruturas sanitarias implicadas (Xerencia de Xestión Integrada do Sergas de Vigo, Povisa e 061), así como das administracións locais da área, asociacións de pacientes, ademais de doentes e usuarios, dos que se recibiron máis de 400 enquisas.

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss