Cirurxía Xeral da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago afianza o seu programa de laparoscopia na uniade hepatobiliopancreática
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática do Sergas Lectura automática
» Axuda
.
28 11 2018
Santiago, 26 novembro de 2018.- O Servizo de Cirurxía Xeral e Dixestiva da area sanitaria de Santiago acudíu esta fin de semana ao congreso de galego da especialidade con diversas ponencias, videos e presentacións. No encontro fixo unha análise dos primeiros 40 casos de reseccións hepáticas con cirurxía laparoscópica, principalmente para doentes con cancro colorrectal que presentan metástases hepáticas. O servizo compostelán acadou o premio ao mellor video por unha destas intervencións.

 


Trátase dunha técnica que aínda non está moi implantada xa que require entrenamento específico e ten numerosas dificultades técnicas que hai que prever e dominar. Por outra banda presenta significativas vantaxes para os doentes, como menor dolor, menor requerimento de hemoderivados, unha recuperación máis rápida, unha menor estancia hospitalaria e unha menor resposta inflamatoria. A seguridade desta técnica ven avalada tanto en términos de morbilidade perioeratoria como en calidade oncolóxica por numerosas publicacións.

A primeira resección hepática laparoscópica no Hospital Clínico realizouse en 2014 e progresivamente foise implantando. Ata 2018 realizáronse 40 reseccións hepáticas mediante abordaxe totalmente laparoscópica, sendo na actualidade máis as que se realizan por laparoscopia que as abertas (20 laparoscópicas e 16 abertas en 2018).

 

No 90% dos casos tratados eran lesións metastásicas e no 80% dos casos estas metástases proviñan dun cancro colorrectal. No 12.%% dos casos tratados o doente presentaba 3 ou más lesións. Ata en 8 casos os cirurxiáns do Hospital Clínico de Santiago foron quen de realizar dous procedementos nunha mesma intervención mediante laparoscopia, abordando, ademais da resección das metástases hepáticas a resección do tumor primario colorrectal, culminando con éxito esta complexa intervención

 


Canto aos resultados dos casos presentados no encontro desta fin de semana cualificáronse de moi satisfactorios, xa que non houbo mortalidade perioperatoria, nin reingresos nin reintervencións. No 92.5 % dos casos eliminouse totalmente a afectación tumoral no órgano tratado.

A idade media dos doentes tratados é de 63.7 anos, o 55% son homes e o 45% mulleres. A estancia media é inferior a 5 días, reducindo considerablemente a da cirurxía aberta. de O 60% presentaba cirurxía abdominal previa, o que incrementa a dificultade da abordaxe ao xerar adherencias.


 

Saúdos

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss