Galicia consolida a súa posición nos primeiros postos das comunidades autónomas con mellores resultados nas listas de espera cirúrxica
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática do Sergas Lectura automática
» Axuda
.
29 11 2018

 

Galicia continúa a manterse entre os mellores indicadores do Sistema Nacional de Saúde na espera media cirúrxica con 60 días de espera media a xuño de 2018. En comparación co resto de servizos de saúde do SNS, Galicia é a cuarta situada na comparativa entre as 17 comunidades autónomas. Sitúase despois de A Rioxa e Madrid (con 47 días de espera media) e Pais Vasco (con 48 días).
 
Así se recolle nun informe comparativo publicado polo Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social que inclúe unha comparativa dos datos de 17 Comunidades Autónomas, Ceuta e Melilla. Con estes datos, a nosa comunidade autónoma consolida as tendencias dos últimos anos e sitúase 33 días por debaixo da media nacional, que segundo os últimos datos do Ministerio de Sanidade é de 93 días de espera media a xuño de 2018.
 
Así mesmo, a porcentaxe de pacientes que teñen que agardar máis de 6 meses para unha intervención é do 2,8% en Galicia, fronte ao 12,2% do SNS. Un dato que tamén rexistra un descenso con respecto de xuño de 2017, cando a porcentaxe de pacientes con máis de 6 meses de espera era de 3,4%, e de 14,3% na media do Sistema Nacional de Saúde.
 
Consultas de enfermidade
O tempo medio de espera para as consultas de enfermidade Galicia situouse nos 37 días de espera media. Unha cifra moi por debaixo da media de espera do Sistema Nacional de Saúde, situado en 57 días en xuño de 2018, isto é, Galicia espera unha media de 20 días menos que a media do SNS.

 

Se se comparan os datos cos de xuño de 2017, o tempo medio de espera diminuíu nun día no Sergas, pasando de 38 a 37 días en xuño de 2018, e tamén un día na media nacional, onde se pasou de 58 en 2017 a 57 no 2018. A porcentaxe de pacientes que teñen que agardar máis de 60 días para unha consulta é do 20,4% en Galicia, fronte ao 37,4% do SNS.

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss