O Servizo de Admisión da Xerencia de Santiago organiza as XXVII Xornadas da Sociedade Galega de Admisión e Documentación Clínica no Hospital da Barbanza
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática do Sergas Lectura automática
» Axuda
.
29 11 2018

Santiago, 29 de novembro de 2018.- A XXVII reunión anual da Sociedade Galega de Admisión e Documentación Clínica celébrase hoxe e mañá no Hospital da Barbanza. Organizada polo servizo de admisión da Xerencia Integrada de Santiago, ten por lema “os servizos de admisión na xestión por resultados” e está previsto que asistan uns 40 profesionais dos sector de hospitais galegos.

O programa recolle dúas conferencias, a inaugural que será esta tarde, sobre o acceso das persoas vulnerables ao sistema sanitario a cargo da ONG Médicos do Mundo, e na mañá do vernes outra sobre Resultados en Saúde, Importancia de Big Data.

Amais presentaranse varias comunicacións sobre o impacto do decreto de garantías de tempos máximos en lista de espera cirúrxica; o proceso de creación e deseño da unidade funcional de traballo social e procedementos e algoritmo dos procesos garantidos. Tamén haberá posibilidade de debater sobre temas relevantes con respecto á documentación clínica e a xestión de pacientes. A Sociedade Galega de Admisión e Documentación clínica conta cuns 110 socios.


 

Saúdos

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss