Almuiña incide na importancia de evitar a progresión das enfermidades reumatolóxicas para conseguir unha mellor calidade de vida do paciente
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática do Sergas Lectura automática
» Axuda
.
01 12 2018

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, referiuse as enfermidades reumatolóxicas como un importante problema de saúde tanto para o  individuo que o sufre, como para o sistema sanitario e a sociedade no seu conxunto, dado que as enfermidades reumatolóxicas supoñen aproximadamente un 5% das incapacidades sanitarias en España. Así o remarcou esta mañá na inauguración do XLVIII Congreso da Sociedade galega de reumatoloxía, onde ademais incidiu na importancia de “evitar o antes posible a súa progresión ou cando menos poder ralentizala, buscando a súa remisión a longo prazo e así prolongar, o maior tempo posible, unha mellor calidade de vida para o paciente”.

Para conseguilo, Almuiña afirmou que é necesario que os reumatólogos conten coas mellores terapias farmacolóxicas existentes en cada momento. Así, o conselleiro destacou que o Sergas actualizou en maio, por medio da Comisión Autonómica Central de Farmacia e Terapéutica (CACFT),  o protocolo de tratamento da  artrite reumatoide, ademais de incorporar as novidades terapéuticas autorizadas recentemente polo Sistema Nacional de Salud para o tratamento desta enfermidade.
 
V Reunión de odontólogos, higienistas y protésicos dentales
O conselleiro de Sanidade asistiu tamén hoxe á clausura da V Reunión conxunta dos Colexios profesionais de dontólogos e estomatólogos, hixienistas dentais e protésicos dentais que tivo lugar en Santiago. Neste acto, Almuiña fixo mención aos factores de risco relacionados coas enfermidades bucodentais, como a mala saúde, o tabaquismo e o consumo nocivo de alcol e que son factores que comparten coas catro enfermidades crónicas máis importantes: as cardiovasculares, o cancro, as respiratorias crónicas e a diabetes
 
Para o titular de Sanidade é necesario integrar a saúde bucodental como un aliado fundamental na prevención primaria e secundaria de importantes patoloxías  sistémicas, xa que son moitas as enfermidades  sistémicas que presentan manifestacións na cavidade oral  e destacou a atención odontolóxica como clave na promoción da saúde.

Almuiña tamén destacou a obriga de colaborar de preto dos colexios profesionais sanitarios e dos sistemas públicos de saúde polo beneficio dos pacientes.

 

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss