O HOSPITAL TERESA HERRERA PON EN MARCHA UNHA ESCOLA PARA PAIS E UNHA SALA DE LACTANCIA NA UNIDADE DE NEONATOLOXÍA
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática do Sergas Lectura automática
» Axuda
.
21 12 2018

A Unidade de Neonatoloxía do Hospital Teresa Herrera é unha das de maior complexidade, estando catalogada como nivel IIIc, sendo a única destas características en toda a nosa comunidade autónoma.

Básicamente, unha unidade nivel IIIc está integrada nun hospital de referencia con maternidade propia e un servizo de pediatría onde se desenvolven todas ou a maior parte das áreas específicas pediátricas. Ten, polo tanto, a capacidade de atender toda a patoloxía neonatal, incluíndo cirurxía cardíaca con circulación extracorpórea e ECMO neonatal. Ademais, entre outros indicadores, o número de partos debe estar por riba dos 2.500 anuais na súa área de influencia e atender a mais de 25 recén nacidos de peso inferior a 1.500 gramos.
 
A Unidade de Neonatoloxía do Hospital Teresa Herrera é centro de referencia para a atención de grandes prematuros e de cirurxía pediátrica na comunidade autónoma de Galicia, e Unidade de Referencia do Sistema Nacional de Saúde no caso das cardiopatías conxénitas.
 
Nos pacientes neonatais de alta complexidade as estadías hospitalarias son de semanas ou meses. Os rapaces ingres​Aados nestas unidades están vixiados e atendidos as 24 horas do día por persoal experto, pero cando reciben a alta hospitalaria e son enviados aos seus domicilios atópanse cuns pais abrumados (a maioría das veces) e moi asustados (en numerosas ocasións) que teñen que asumir a responsabilidade de coidar a un neno con  moitas necesidades. Para dar resposta ás necesidades de nenos e pais, os responsables da Unidade de Neonatoloxía do Hospital Teresa Herrera decidiron votar a andar a “Escola de Pais” e a “Sala de Lactancia”.

 

Escola de pais

A experiencia tras anos de funcionamento de escolas de pais en centros de gran prestixio, acreditan a súa eficacia como foro idóneo no que capacitar aos pais proporcionándolles información, formación e orientación.

Con este proxecto preténdese capacitar aos padres para o coidado do seu fillo potenciando a súa autonomía e a súa autoestima e abordando dende temas de coidados básicos do recén nacido como a alimentación ou a hixiene, a temas de coidados mais específicos como o do neno prematuro ou con algunha cardiopatía conxénita.
Entre os seus obxectivos está o de orientar e informar a los padres resolvendo dúbidas e inquietudes, así como promover un espazo de encontro onde os pais e nais poidan apoiarse e compartir experiencias, para así minimizar a ansiedade e o temor dos proxenitores na súa vola a casa. Ademais de potenciar a continuidade asistencial entre niveis mediante contactos directos con pediatras e enfermeiras de Atención Primaria.
 
Sala de lactancia
A lactancia materna é un dos pilares básicos. A evidencia científica e todas as declaracións de organismos internacionais sobre dereitos do neno recóllena como aspecto fundamental para o seu desenvolvemento e para potenciar o vínculo nai-fillo.
 
Por este motivo, a intención da Unidade Neonatal do Hospital Teresa Herrera é dar un paso mais na calidade asistencial que presta aos seus pacientes e o seu entorno familiar incorporando unha ferramenta para potenciar a lactancia materna durante o ingreso hospitalario do bebé e favorecer o confort e a intimidade das nais durante o amamantamento, promovendo un espazo onde as nais compartan as súas experiencias e inquietudes.
 
Esta sala non só está dirixida a nais que amamanten sen necesidade de supervisión ou asesoramento continuo, senón tamén a bebes en situación de estabilidade clínica que non requiran de monitorización permanente, administración de oxíxeno, nin sueroterapia.

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss