O conselleiro de Sanidade visita as obras do Punto de Atención Continuada da Laracha
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática do Sergas Lectura automática
» Axuda
.
26 12 2018

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, visitou esta mañá os traballos de ampliación do centro de saúde para a construción do Punto de Atención Continuada da Laracha (A Coruña). A obra atópase en execución e xa ten a estrutura rematada, actualmente está a executarse a cuberta e proximamente procederase á impermeabilización da mesma; tamén se está instalando o material de illamento dos pechamentos exteriores.

O Servizo Galego de Saúde inviste nesta infraestrutura un total de 1.070.608 euros. A actuación beneficiará a arredor de 15.800 habitantes de Laracha e Cerceda, aos que dá cobertura o PAC. En total, no concello de Laracha aténdese a 10.655 habitantes, dos que 1.237 están en idade pediátrica.

O novo Punto de Atención Continuada da Laracha constrúese ao carón do centro de saúde. Esta instalación da rede sanitaria pública galega terá unha superficie de 613 metros cadrados construídos e contará cunha sala de reanimación e observación, dúas consultas de medicina xeral, unha consulta de enfermería, unha consulta polivalente, recepción, dormitorios e sala de descanso para o persoal de garda, entre outras dependencias. A infraestrutura permitirá liberar os espazos do centro de saúde para cubrir as necesidades detectadas para a atención ordinaria.

O obxectivo é construír un edificio cun material de orixe natural cuxo proceso produtivo en relación a outros produtos industrializados ofrece menos residuos, require un baixo consumo enerxético e respecta a natureza e o medio ambiente, é pódese dicir que é 100% renovable. Tívose, pois, en conta, a eficiencia medio ambiental do edificio, procurando achegarse aos parámetros de consumo case nulo que en breve serán de aplicación obrigatoria para os edificios públicos.

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss