O HOSPITAL TERESA HERRERA DE A CORUÑA REALIZA POR VEZ PRIMEIRA EN GALICIA A REPARACIÓN DUNHA CARDIOPATÍA CONXÉNITA DENOMINADA “CORAZÓN AO REVÉS”
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática do Sergas Lectura automática
» Axuda
.
27 12 2018

A cardiopatía conxénita comunmente coñecida como “corazón ao revés” (transposición conxénitamente corrixida das grandes arterias, en terminoloxía médica) representa unha malformación cardíaca complexa e de grande dificultade técnica para a súa corrección cirúrxica. Ademais, nalgúns casos, a reparación non se pode realizar de xeito directo i é preciso facer un re-entrenamento ou preparación do corazón para que o paciente poida soportar a operación definitiva que reparará a malformación. Esta cardiopatía pasou a ser mais coñecida pola poboación porque a padecía a malograda ex-ministra Carmen Chacón.

O equipo médico da unidade de cirurxía cardíaca infantil do Hospital Teresa Herrera, coordinado polo Dr. Victor Bautista, aplicou esta técnica con éxito por vez primeira en Galicia e unha das primeiras veces en España.
O paciente foi diagnosticado desta doenza durante o embarazo da súa nai polo equipo de cardioloxía infantil do Hospital Teresa Herrera. Aos poucos meses de vida  observáronse signos de fallo cardíaco, polo que se decidiu operar ao paciente cun ano de vida co obxecto de preparar o corazón para que aguantase a cirurxía posterior reparadora. Tras un seguimento estrito do paciente, con sucesivas avaliacións clínicas, ecocardiografías e cateterismos, considerouse que o corazón do meniño atópabase en condicións para soportar a cirurxía reparadora unha vez cumplidos os 5 anos de vida.
 
A técnica cirúrxica
A operación, consistente en restablecer de xeito correcto as conexións das aurículas cos ventrículos, e dos ventrículos coas grandes arterias que saen do corazón (aorta e arteria pulmonar), realizouse con éxito, e para levala a cabo contouse cun importante número de profesionais entre os que cabería destacar a cirurxáns cardíacos, cardiólogos pediátricos, anestesistas, perfusionistas, ucistas, e un importante número de profesionais de enfermería.
Este tipo de cirurxía require o cese do latido do corazón, ás veces durante varias horas, e sustituir a actividade cardíaca e a pulmonar, pola maquina de circulación extracorpórea.
Unha vez rematada a técnica cirúrxica, o cardiólogo pediátrico realiza un estudio ecocardiográfico no mesmo quirófano para avaliar o estado do corazón e posteriormente é trasladado á unidade de coidados intensivos pediátricos.
Neste caso, o paciente deixou o quirófano en boas condición hemodinámicas, puido ser extubado ao día seguinte da intervención e dado de alta ao mes seguinte, sen sufrir ningún tipo de complicación.
 
A dia de hoxe o paciente atópase de alta no seu domicilio e non presenta ningún tipo de problema, confirmándose, mediante revisión postoperatoria, a estabilidade da reparación cardiovascular.
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss