O SERGAS publica o nomeamento e destino definitivo dos aspirantes seleccionados na OPE de 46 categorías de persoal facultativo e de xestión e servizos
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática do Sergas Lectura automática
» Axuda
.
14 01 2019

 

 
​O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica, na súa edición de hoxe o nomeamento e destino definitivo  dos aspirantes que superaron o proceso selectivo para o acceso a distintas categorías de persoal estatutario correspondente á convocatoria 2016-2017. Nesta ocasión adxudicáronse 399 prazas correspondentes a 46 categorías
 
Desas 399 prazas, 352 corresponden a diversas categorías de persoal licenciado sanitario (268 de facultativo especialista de área e 84 a outras categorías de persoal licenciado sanitario) e 47 a diversas categorías de xestión e servizos.

 

Os aspirantes nomeados disporán do prazo dun mes, a contar desde o día seguinte ao da publicación desta Resolución no Diario Oficial de Galicia, para incorporarse á praza adxudicada.
 
A falta de incorporación no prazo referido, cando sexa imputable ao interesado e non responda a causas xustificadas, producirá a perda do seu dereito a obter a praza como consecuencia do proceso selectivo. Só, en casos de forza maior e a instancia do aspirante, a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde poderá prorrogar o prazo de toma de posesión.
 
Con esta publicación no Diario oficial de Galicia declárase finalizado o proceso de concurso-oposición para estas categorías.
 

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss