O GRUPO DE INVESTIGACIÓN CLÍNICA DE REUMATOLOXÍA DO CHUAC FOI GALARDOADO CO PREMIO "RECOÑECEMENTO DO CENTRO 2018" POLA EMPRESA INTERNACIONAL SYNEOS HEALTH
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática do Sergas Lectura automática
» Axuda
.
22 01 2019

Syneos Health é unha organización internacional de solucións biofarmacéuticas con presenza en mais de 110 países que comparte coñecementos, e que utiliza as últimas tecnoloxías e aplica prácticas comerciais avanzadas para acelerar a entrega de terapias importantes para os profesionais.

Este premio recoñece a aqueles centros internacionais que desenvolven investigación clínica de alta calidade, como socios claves no proceso da investigación clínica, indispensable para que un tratamento poida administrarse aos pacientes. Este fármaco antes pasou por diferentes fases que conforman os ensaios clínicos, utilizando estes como a ferramenta principal para demostrar que un fármaco é eficaz e seguro.
 
Para acadar este recoñecemento, foi nominado por un equipo de operacións clínicas de Syneos Health que valorou moi positivamente a capacidade, a calidade de reclutamento e a avaliación dos mesmos, así como o compromiso do investigador principal e o persoal do centro que demostrouo un gran traballo en equipo e comunicación.
 
Todos os grandes avances que se produciron nas ultimas décadas no ámbito da reumatoloxía, principalmente co desenvolvemento de novos tratamentos, as terapias biolóxicas e as pequenas moléculas son o resultado da importante investigación que se está a desenvolver na reumatoloxía. Hoxe en día os pacientes que presentan algunhas enfermidades reumáticas como a artrite reumatoide, a artrite psoriásica ou a espondilite anquilosante contan cun amplo abanico de opcións terapéuticas que son eficaces e tamén seguras, todo elo grazas á investigación clínica.
 
A investigación clínica permite que os novos tratamentos cheguen antes aos pacientes e deste xeito beneficialos de forma segura e controlada.
 
O Servizo de Reumatoloxía do CHUAC realizou nos últimos 5 anos mais de 50 ensaios clínicos. Isto foi posible grazas á profesionalización da investigación clínica, incorporando reumatólogos, enfermeiras e data managers, que se especializaron neste campo da investigación. Actualmente este servizo do CHUAC conta con 14 profesionais adicados á investigación clínica e grazas a eles este ano conseguiuse este premio que concede Syneos Health, unha das compañías mais grandes do mundo que coordina e promove la investigación clínica.​
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss