A área de Santiago continúa diminuíndo as esperas en cirurxía, consultas e probas diagnósticas
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática do Sergas Lectura automática
» Axuda
.
25 01 2019

Santiago, 24 de xaneiro de 2019- Os doentes da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago agardan unha media de 61,9 días para unha intervención cirúrxica, 63 días de demora media nos centros do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago e 30 no Hospital da Barbanza. Trátase da menor espera que se ten rexistrado dende a creación da área integrada no 2011 e tamén a menor dos tres grandes hospitais públicos galegos. Esta demora reduce en 3 días a do ano pasado pero, se nos comparamos co ano 2016 a espera é 9 días menos que hai 2 anos no CHUS, e 16 na Barbanza.

Hai que engadirlle que se realizaron 35.536 intervencións en total e que se diminuíu nun 6,2% os pacientes que esperan ser intervidos.

Con respecto ás intervencións ambulatorias tamén incrementaron, acadando unhas 17.789, preto dun 50 % do total.
 
Aqueles pacientes que presentan patoloxía máis grave (prioridade 1), esperan unha media de 16,9 días sendo o obxectivo do SERGAS de 30 días. Asemade a prioridade 2 mantense en torno aos 61 días.
 
O rendemento cirúrxico é superior ao 76% o que fai posible que diariamente se realicen 2 intervencións cirúrxicas máis que o ano pasado.

Consultas Externas

Os centros hospitalarios da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago continúan a ter unha grande actividade diaria de consultas externas, e malia aumentar o número de primeiras consultas (198.979 en total o que supón un incremento de 2.521) diminuíu a espera en 39,4 días, preto de 6 por debaixo do ano pasado.

Das 31 especialidades do CHUS, só 2 teñen unha demora media maior dos 45 días, outro dato destacable, pois no mesmo período do ano pasado era 5 as especialidades que esperaban máis de 45 días.

No Hospital da Barbanza acadáronse os 35 días de demora media. Cómpre destacar que no centro de Oleiros ningunha especialidade ten unha demora superior aos 45 días.

No referente ás 7 vías rápidas implantadas para a detección e inicio de tratamento áxil para patoloxía oncolóxica a 31 de decembro, a demora non supera os 5 días en ningunha, moi por debaixo dos 15 días propostos como obxectivo polo SERGAS. Estas son: vías rápidas de mama, colon, pulmón, próstata, vexiga, cabeza e colo e melanoma.

Nos centros da xerencia de xestión integrada de Santiago realizáronse 19.912 teleconsultas, (4.431 máis que no mesmo período do ano anterior) e 178.161 consultas de alta resolución (10.764 máis).

Probas diagnósticas

Con respecto ás probas diagnósticas, os esforzos centráronse na súa priorización e na realización daquelas que máis valor asistencial aporten.

A demora media para unha proba radiolóxica é de 51,7 case 4 días menos que o ano anterior, destacando a redución das esperas para unha resonancia magnética (34 días menos de demora).No tocante ás probas de Medicina Nuclear a demora media é de 4 días, 10 días menos que o ano pasado.

Estes bos resultados acadáronse grazas ao esforzo dos profesionais da xerencia integrada, que mantendo un alto índice de actividade tanto en cirurxía, como en consultas externas e probas diagnósticas, foron quen de conseguir manter e mellorar, na maioría dos casos, as demoras medias.

Urxencias

En total atendéronse 183.230 urxencias totais, cun 14% de porcentaxe de urxencias ingresadas . Das atención no PAC o 9% son derivadas ás urxencias hospitalarias.



Saúdos,
Gabinete de Comunicación da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago

 

 
Gabinete de Comunicación e Imaxe
Xerencia de Xestión Integrada de Santiago
Travesía da Choupana s/n
15706 Santiago de Compostela
Tfno: 981 950 023 // 981950967
 

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss