O 061 de Galicia condena as sabotaxes sufridas por seis ambulancias asistenciais e garante a cobertura sanitaria a toda a poboación
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática do Sergas Lectura automática
» Axuda
.
03 02 2019

A Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 condena os actos vandálicos e as sabotaxes sufridas por seis ambulancias asistenciais de soporte vital básico (SVB), ao longo da pasada noite en diferentes concellos, e fai un chamamento á tranquilidade, garantindo a cobertura sanitaria nas urxencias e  emerxencias a toda a poboación as 24 horas e en toda a Comunidade Autónoma.

Durante a pasada noite as unidades asistenciais de SVB dos concellos de Sada, Cambre e Arteixo, na provincia de A Coruña, e Arbo,Tomiño e Tui na provincia de Pontevedra sufriron actos vandálicos e sabotaxes, que no caso de Tui culminaron co incendio do vehículo. Todas estas unidades asistenciais foron substituídas no menor tempo posible e seguiron prestando asistencia sanitaria con total normalidade.

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 considera que se trata de actos inadmisibles que poñen en risco a saúde de todos aqueles cidadáns que puidesen necesitar ser atendidos en situación de urxencia o emerxencia sanitaria no ámbito extrahospitalario. Por iso, o 061 de Galicia fai un chamamento á responsabilidade e ao respecto aos bens e ás persoas.

Por último, Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que o servizo sanitario máis valorado polos usuarios e co maior índice de satisfacción entre a poboación galega, quere subliñar que continuará a traballar de forma responsable e comprometida coa poboación para poder prestar a mellor asistencia sanitaria urxente, sen que accións como estas prexudiquen a calidade da asistencia e os cidadáns non se vexan privados do seu dereito a recibir a asistencia sanitaria máis adecuada ás súas necesidades.

 

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss