A CONSELLERÍA DE SANIDADE INICIA A TRAMITACIÓN CONTEMPLADA NA LEI 3/2016 PARA AXILIZAR A AUTORIZACIÓN DAS OBRAS DE AMPLIACIÓN DO HOSPITAL DE FERROL
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática do Sergas Lectura automática
» Axuda
.
04 02 2019

​A Xunta tramitará urbanísticamente a ampliación do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol de acordo aos mecanismos previstos no artigo único da Lei 3/2016, do 1 de marzo, de medidas en materia de proxectos públicos de urxencia ou de excepcional interese sempre que existan causas que o xustifican. O obxectivo é impulsar as obras de execución da fase I do Plan Director do sen necesidade de agardar a que o Concello realice unha modificación do Plan xeral de ordenación municipal, que podería demorarse meses.

Conforme a este procedemento excepcional, a Consellería de Sanidade ven de remitirlle a documentación ao Concello de Ferrol pois a administración local debe someter o proxecto a un proceso de información pública e despois emitir o informe preceptivo e vinculante sobre o proxecto.

A urxencia da actuación ven dada polo necesidade de ampliar as instalacións actuais para adecualas ás necesidades asistenciais reais da área sanitaria. O Plan Director establece a prioridade de actuacións para cada unha das fases respondendo ante todo a satisfacer as necesidades asistenciais mais urxentes, tendo presente as posibilidades físicas e técnicas para o seu desenvolvemento e a correcta adecuación en cada fase, como tamén e o que é mais importante no resultado final.

O proxecto básico e de execución da fase I do Plan Director do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol co seu anexo de obras de urbanización foi enviado ao Concello de Ferrol o pasado mes de agosto para a obtención da licencia de obra, sen obter resposta por parte do Concello. O proxecto conta co informe de supervisión favorable do Servizo Galego de Saúde e conten o grao de detalle suficiente para permitir coñecer de modo certo o carácter, extensión, localización e fins da obra proxectada. Así mesmo inclúe todas as actuacións e obras necesarias para a implantación e o funcionamento da infraestrutura, dotacións ou instalacións previstas no proxecto, incluíndo os accesos viarios e as redes de condución e distribución.

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss