ALMUIÑA DESTACA QUE ESTAMOS ANTE UNHA OPORTUNIDADE HISTÓRICA PARA MELLORAR A ATENCIÓN PRIMARIA
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática do Sergas Lectura automática
» Axuda
.
08 02 2019

 

 
​O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, cualificou a creación dos grupos de mellora da atención primaria como unha oportunidade histórica de buscar solucións entre todos. Diante dos asistentes á inauguración das XXII Xornadas Galegas de Medicina Familiar e Comunitaria, Almuiña reiterou que hai que aproveitar este “momento ilusionante de cambio” e avogou por “recuperar a ilusión e a transformación do equipo”.
 

 

Neste marco, Almuiña destacou a vontade do Goberno galego de apoiar todas as medidas que sexan beneficiosas para a mellora da atención primaria e avogou por garantir a accesibilidade á atención no centro de saúde, como “un ben que está no ADN da atención primaria”. E engadiu que “hai que levarse aos equipos e transformalos, con organizacións máis dinámicas, con liderazgos máis profesionais e menos administrativos”.
 

 

O conselleiro de Sanidade reiterou a importancia da coordinación no desenvolvemento dun proceso dinámico no que, apuntou, “necesitamos tamén do Ministerio de Sanidade das forzas políticas e das organización sindicais, dos concellos e por suposto, dos pacientes aos que nos debemos e para quen traballamos”.
O conselleiro de Sanidade agradeceu aos profesionais sanitarios o traballo que están desenvolvendo, e a súa participación dos grupos de mellora ou coa achega de propostas a través do buzón do correo electrónico. Ademáis, Almuiña invitou a todos os profesionais a continuar participando para seguir coa definición das propostas que van constituír o marco de referencia común para o novo modelo da atención primaria.

 

 

 

No acto, Almuiña tamén lembrou as melloras realizadas polo seu departamento nos últimos anos como os esforzos realizados co incremento de prazas MIR e as OPEs anuais, esgotando a taxa máxima de reposición permitida polo Estado. 

 

Outras das medidas postas en marcha na nosa comunidade son a prórroga no servizo activo dos profesionais que así o desexen ata os 70 anos, o concurso de traslados aberto e permanente para atraer profesionais e a mellora das condicións laborais coa reactivación da carreira profesional, con extensión ao persoal temporal.
 

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss