A Xerencia de Santiago inviste 150.000 euros no Servizo de Rehabilitación que estrea espazos máis amplos e tecnoloxía
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática do Sergas Lectura automática
» Axuda
.
11 02 2019

Santiago, 10 de febreiro de 2019.- O Servizo de Rehabilitación e Medicina Física da Xerencia de Santiago atópase en proceso de reestruturación e remodelación para adecuarse ás necesidades actuais dos pacientes e profesionais. Para iso precisou dun investimento de 150.000 euros para infraestuturas e dotación tecnolóxica. Recentemente rematou a remodelación da área de fisioterapia do Hospital Provincial de Conxo e atópase en pleno proceso de desenvolvemento a área de Fisioterapia do Hospital Clínico. Esto conlevou a reubicación de unidades específicas de ditos servizos. O servizo conta con diversas unidades monográficas: Rehabilitación Osteoarticular, Neurorrehabilitación, Linfedema, Rehabilitación Intervencionista, Ortoprotésica, participa activamente na Unidade de Rehabilitación cardíaca e ademáis, recentemente, creouse a Unidade de Rehabilitación do Solo Pelviano. A dotación de fisioterapeutas distribuídos nos diferentes hospitais da XXIS é de 22, incluída a incorporación do supervisor de área de fisioterapia para toda a estrutura organizativa da xestión integrada de Compostela. Durante todo o ano 2018 se teñen realizado un total de 23.960 consultas médicas.

 

Tamén conta cunha Unidade de Atención Temperá-Rehabilitación Infantil formada por dous médicos rehabilitadores, dous fisioterapeutas, dous terapeutas ocupacionais e unha logopeda, onde realizaron 1.643 consultas médicas.
Durante o último ano tamén se puxo en marcha a unidade de Alxias Muscolesqueléticas onde grazas á colaboración dos Servizos de Traumatoloxía, Reumatoloxía e Rehabilitación se permite unha abordaxe interdisciplinaria da patoloxía do aparato locomotor. Tamén neste pasado ano arrancou a consulta electrónica de rehabilitación o que contribuíu a optimizar de forma significativa os recursos do servizo.
O doutor Jesús Figueroa, xefe do servizo de Rehabilitación da XXIS, destaca “a excelente cobertura asistencial que se dá dende as unidades de fisioterapia de Atención Primaria a pacientes con necesidades de tratamento rehabilitador, de forma que calquera paciente que non precise axuda de terceira persoa e que necesite tratamento rehabilitador é tratado nalgunha das 12 unidades de fisioterapia dispostas en áreas estratéxicas. Con isto, evítanse que moitos pacientes se teñan que trasladar ao hospital diariamente para facer tratamento rehabilitador.
Para dar un mellor servizo, desde hai anos, facultativos do servizo de rehabilitación desprázanse dous días á semana ao Centro de Saúde de Lalín onde no ano 2018 se teñen realizado 1.606 consultas, e un día ao Centro de Saúde da Estrada onde o ano pasado se realizaron 884 consultas médicas. A dotación de fisioterapeutas en atención primaria da xerencia de Santiago é de 30.
Tamén se mellorou a prestación no Hospital da Barbanza onde se teñen realizado 6.838 consultas médicas e onde se acaba de poñer en marcha a prestación de ondas de choque e de rehabilitación do solo pelviano, sendo é o único hospital comarcal do SERGAS que dispón de ambas áreas terapéuticas. Esto facilita o acceso a ditas terapias a pacientes da área do Barbanza e evita o desprazamento ao CHUS. O Barbanza tamén dispón de consulta de AtenciónTemperá-Rehabilitación infantil para dar cobertura asistencial á poboación pediátrica.
O Servizo de Rehabilitación diminuíu os tempos de espera de consulta pasando de 62 días en abril do 2018 a 27,5 en decembro do 2018, os mellores resultados de toda a comunidade autónoma.
Os próximos retos, segundo o xefe do servizo, o doutor Figueroa, “será a reestruturación da área de neurorehabilitación e Rehabilitación infantil para adaptarase ás necesidades actuais de ditas áreas, así como a optimización da atención interdisciplinar con Atencion Primaria e outros servizos hospitalarios”.

 

 
 

 

 

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss