O CHUAC ACOLLE O I SYMPOSIUM SOBRE ENFERMIDADES RESPIRATORIAS MINORITARIAS QUE SE CELEBRA EN GALICIA
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática do Sergas Lectura automática
» Axuda
.
28 02 2019

Mañá xoves, día 28 de febreiro, a partir das 09:00 horas, e coincidindo co Día Mundial das Enfermidades Raras, o Salón de Actos do CHUAC acolle o I SYMPOSIUM SOBRE ENFERMIDADES RESPIRATORIAS MINORITARIAS, que organiza a Xerencia de Xestión Integrada de A Coruña en colaboración coa Sociedade Galega de Aparato Respiratorio (SOGAPAR).

Con este Symposium, que é a primeira vez que se organiza na nosa comunidade autónoma, preténdese poñer en valor a aportación do CHUAC neste tipo de patoloxías, así como dar a coñecer o gran número de enfermidades minoritarias relacionadas co aparato respiratorio e a sólida estrutura de profesionais que existe en Galicia para abordalas de xeito correcto.
 
Unha das principais novidades nesta reunión é que so existe unha iniciativa nacional parecida na que nun único congreso se debaten as distintas enfermidades raras respiratorias, sendo o habitual as reunións para tratar en xeral as patoloxías neumolóxicas. A outra novidade é a participación multidisciplinar de neumólogos e farmacéuticos, ademais de xestores sanitarios e asociacións de pacientes.
 
Neste symposium participan recoñecidos poñentes a nivel autonómico, así como os máis destacados especialistas a nivel nacional e internacional, cunha dilatada experiencia clínica e investigadora neste tipo de enfermidades.
 
Da nosa comunidade autónoma participan, entre outros, a Dra. Marina Blanco Aparicio, médico adxunto do servizo de neumoloxía do CHUAC que falará sobre a medicina personalizada nas enfermidades respiratorias minoritarias.
 
A nivel nacional destacar a participación do Dr. Julio Ancochea, xefe do servizo de neumoloxía do Hospital Universitario La Princesa de Madrid, experto en fibrose pulmonar e firmante das guías nacionais desta enfermidade, que falará sobre a fibrose pulmonar idiopática.
 

A conferencia maxistral correrá a cargo do Dr. Robert Stockley, do Queen Elizabeth Hospital Birmingan (UK), membro do comité executivo da GOLD (a guía de referencia mundial no manexo da EPOC), e un dos máximos expertos a nivel mundial desta enfermidade.

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss