A PORCENTAXE DE PARTICIPACIÓN NA CATEGORÍA DE CELADOR NA QUENDA DE DISCAPACIDADE INTELECTUAL FOI DO 70,18%
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática do Sergas Lectura automática
» Axuda
.
09 03 2019

 

 
​Un total de 153 aspirantes acudiron hoxe pola mañá ao Recinto da Feira Internacional de Galicia (Silleda-Pontevedra), para realizar os exames do concurso oposición correspondentes á categoría de celador da quenda de discapacidade intelectual. O número de persoas que estaban admitidos nesta quenda eran un total de 218; o que supón unha participación do 70,18%. Ao recinto de Silleda acudiu hoxe pola mañá o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña.
 
Cómpre subliñar que este é o primeiro proceso selectivo no que se habilitou unha quenda de acceso diferenciada para as persoas con discapacidade intelectual, coas pertinentes adaptacións de temarios e tempo de realización das probas que permiten a concorrencia destes aspirantes en condicións de igualdade ao emprego público, facilitando así a súa integración laboral.
 
Tamén se habilitou no exterior do recinto locais como sala de espera de familiares e se lle dará acceso ao interior do recinto, en concreto na zona miradoiro, a representantes das asociacións que colaboraron para o adecuado desenvolvemento das probas, entre elas Fademga, Plena Inclusión e Down Galicia.
 
Mañá continúan os exames da categoría de celador da Oferta Pública de Emprego do Servizo Galego de Saúde a partir das 15.30 horas, examinaranse os aspirantes das quendas de acceso libre, promoción interna e discapacidade xeral, que realizarán todos os exercicios que integran a fase de oposición.

 

En total, na categoría de celador están citados esta fin de semana 10.892 aspirantes para cubrir 390 prazas, 144 corresponden á quenda de acceso libre, 195 á de promoción interna, 21 á de discapacidade xeral e 30 á de discapacidade intelectual.
 

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss