O 061 de Galicia amosa a súa máis firme condena ante as sabotaxes contras as ambulancias da Rede de transporte sanitario urxente durante a terceira convocatoria de folga
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática do Sergas Lectura automática
» Axuda
.
11 03 2019
​A Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 amosa a súa máis firme condena ante as sabotaxes e actos vandálicos contra as ambulancias da Rede de transporte sanitario urxente rexistrados durante a terceira convocatoria de xornadas de folga. Esta convocatoria, que tivo lugar entre os días 4 e 10 de marzo, rematou con picadas nas rodas en dúas ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado e en 146 ambulancias asistenciais de soporte vital básico, ademais de danos en máis de vinte vehículos que sufriron accións vandálicas como cortes nos cintos de seguridade, pintadas e avarías provocadas no motor dos vehículos, entre outras. Todos os vehículos substituíronse no menor tempo posible e seguiron prestando asistencia sanitaria con normalidade.
 
A convocatoria de folga enmárcase no contexto da falta de acordo na negociación polo convenio colectivo entre a patronal e os técnicos en emerxencias sanitarias que realizan o servizo de transporte sanitario urxente e non urxente en Galicia.
 
Cómpre subliñar que Urxencias Sanitarias de Galicia-061, como servizo encargado do transporte sanitario urxente extrahospitalario na Comunidade Autónoma, ten a consideración de servizo esencial para a poboación e, polo tanto, os servizos mínimos establecidos durante as convocatorias de folga foron do 100 %.
 
Así, a Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 lembra novamente que está a traballar de forma responsable e comprometida para garantir a cobertura sanitaria ás urxencias e ás emerxencias e prestar a mellor asistencia sanitaria urxente, sen que accións como estas prexudiquen a calidade da asistencia e os cidadáns non se vexan privados do seu dereito a recibir a asistencia sanitaria máis adecuada ás súas necesidades.

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss