Sanidade aposta pola estabilidade laboral dos médicos co novo modelo de contrato para substitución e a oferta da OPE 2019
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática do Sergas Lectura automática
» Axuda
.
13 03 2019

​A Consellería de Sanidade continúa traballando en prol dun novo modelo de atención primaria que entre outros aspectos recolle medidas para á mellora da estabilidade laboral dos seus profesionais. Así, o pasado mes de xaneiro, o Sergas e as organizacións sindicais CESM-OMEGA, SATSE, CSIF e UGT pecharon un acordo en Mesa sectorial  sobre o establecemento dun nomeamento estatutario eventual de continuidade no ámbito do Servizo Galego de Saúde.

O novo contrato de substitución garantiza unha maior estabilidade do persoal o que redundará, sen dúbida, nunha mellor atención sanitaria e nunha maior fidelización dos recursos humanos dispoñibles. Permite, tamén, ofrecer aos profesionais sanitarios interesados nesta modalidade de nomeamento un período de estabilidade no emprego maior que o ofrecido ata o momento.
 
Este tipo de contrato é unha nova modalidade contractual para vínculos temporais do persoal médico de familia e pediatras de atención primaria do Sergas, que prevé contratos cun mínimo dun ano de duración e tres anos de máximo. O acordo recolle melloras consensuadas nas condicións laborais en materia de xornadas e descansos; a delimitación do ámbito de nomeamentos; e o carácter voluntario da aceptación do contrato polos aspirantes.
 
O persoal vinculado con estes nomeamentos gozará dos mesmos dereitos e obrigas que o restante persoal do centro ou centros aos que estea vinculado, en particular do mesmo réxime de descansos, permisos e vacacións.
 

No referente á oferta pública de emprego, o incremento do número de prazas nas categorías específicas de primaria é outra das actuacións dentro desta liña. Así na última OPE 2019 anunciáronse 200 prazas de medicina de familia, que sumadas ás ofertadas no 2018 permitirán convocar este verán unha OPE extraordinaria con 254 prazas para esta categoría e outras 93 para pediatría de primaria.

Con este incremento de prazas, o Sergas achégase ao compromiso adquirido cos sindicatos a través do Plan de Estabilidade de acadar como obxectivo final no ano 2020 un total de 5.000 prazas. Isto permitirá situar a taxa de temporalidade na porcentaxe do 5%, tres puntos por debaixo do acordado a nivel estatal.

Outra das medidas prioritarias para o Sergas é  conseguir aumentar  as prazas MIR, tal e como solicitou reiteradamente ao Ministerio de Sanidade. Dende Sanidade reclámase un aumento dun 26% das prazas de medicina de familia e un 23% as  de pediatría con respecto do exame MIR de 2017. Concretamente, solicitouse acadar na próxima convocatoria as 124 prazas para a especialidade de medicina de familia e incrementar en seis prazas a de pediatría, pasando das 20 actuais ata 26.

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss