Os catro colexios de enfermería de Galicia e a Asociación galega de enfermería familiar e comunitaria respaldan as propostas incluídas no novo modelo de atención primaria
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática do Sergas Lectura automática
» Axuda
.
03 04 2019

​Os catro colexios de enfermería de Galicia e a Asociación galega de enfermería familiar e comunitaria (Agefec), que participaron nos grupos de traballo de mellora da atención primaria, expresaron o seu respaldo ás propostas recollidas no documento presentado pola Administración sanitaria galega.  

Así o ratificaron hoxe, nunha xuntanza no marco das reunións que a Consellería de Sanidade continúa a realizar para a elaboración do novo plan para a primaria. Os representantes do Sergas reuníronse esta mañá cos representantes do colexios das catro provincias galegas e con Agefec co obxectivo de analizar as alegacións propostas por estes profesionais ao borrador do novo modelo de atención primaria.
 
Esta aceptación por parte dos colexios de enfermería e de Agamfec engádese ao acordo acadado en días pasados sobre a mellora da atención primaria co Consello Galego de Colexios Médicos, así como coa Sociedade Española de Médicos de Atención Primaria (Semergen), Sociedade Española de Médicos Xerais e de Familia (SEMG), e a Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria (AGAMFEC).
 
Tamén,  con anterioridade, manifestaron o seu apoio ao documento os traballadores sociais, os profesionais de enfermería, fisioterapia e servizos xerais, para definir deste xeito  o novo modelo de atención no primeiro recurso asistencial, establecendo un proxecto de atención coordinada entre todos os profesionais da atención primaria.

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss