O Sergas amplía en 60 o número de prazas convocadas no proceso selectivo para o acceso á categoría de persoal de servizos xerais
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática do Sergas Lectura automática
» Axuda
.
08 04 2019

​O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica, na súa edición de hoxe, unha resolución pola que se amplía en 60 o número de prazas ofertadas no concurso-oposición da categoría de persoal de servizos xerais, que se suman ás 66 convocadas por Resolución do 1 de marzo de 2019, da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Sergas.

Con esta ampliación, son un total de 126 prazas as convocadas nesta categoría, das cales 56 corresponden á quenda de acceso libre, 63 á quenda de promoción interna e 7 á quenda de discapacidade xeral.
 
As 9 prazas reservadas no decreto de oferta de emprego do ano 2018 para o seu acceso pola quenda de discapacidade intelectual serán obxecto de convocatoria diferenciada.
 
O prazo de presentación de solicitudes finalizará o vindeiro 30 de abril. Na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es), dentro do apartado de emprego público, recóllese a información para a inscrición neste proceso selectivo.
 
Reforzo do compromiso de mellora da atención primaria
Con esta oferta de 126 prazas para a categoría de persoal de servizos xerais preténdese reforzar e estabilizar ao persoal administrativo que presta servizos na atención primaria de Galicia. Esta convocatoria irá seguida doutros procesos selectivos nas categorías de médico de familia, pediatra e odontólogo, que está previsto negociar e publicar proximamente e que suporán un importante incremento dos efectivos que prestan servizos no ámbito da atención primaria, definido como un obxectivo prioritario de mellora deste nivel asistencial. 
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss