O SERVIZO GALEGO DE SAÚDE CONTRATA AS ACTUACIÓNS PARA A MELLORA DA EFICIENCIA ENERXÉTICA DO CENTRO DE SAÚDE E PAC DE AS PONTES
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática do Sergas Lectura automática
» Axuda
.
09 04 2019

O Servizo Galego de Saúde publica, a través do seu portal específico Perfil do Contratante, a contratación das obras de mellora da eficiencia enerxética no centro de saúde e Punto de Atención Continuada de As Pontes. Neste espazo publícase a licitación deste expediente para a mellora da envolvente térmica e as instalacións de climatización e iluminación deste centro da Xerencia Integrada de Ferrol. O prezo de licitación ascende ós 807.265,80 euros. Segundo se indica nesta convocatoria, o obxectivo destas intervencións é reducir ó máximo as perdas térmicas favorecendo un emprego máis racional da enerxía.
 

As intervencións comprenden fundamentalmente a mellora da envolvente térmica do centro de saúde e Punto de Atención Continuada de As Pontes, minimizando ó máximo a transmitancia a través de cerramentos e ócos, coa instalación de revestimento na fachada, a substitución da cristalería e carpintería metálica do edifico, e a instalación de cuberta dotada de illamento.

 


Xunto con isto, inclúese tamén unha nova instalación de climatización baseada nunha bomba de calor aerotérmico de alta eficiencia como equipo de produción que cubrirá as demandas de calor, frío, e auga quente sanitaria do centro. E a mellora das instalacións de iluminación mediante a substitución de luminarias actuais por tecnoloxías LED, e a instalación de detectores de presencia.
 

Centro de saúde de As Pontes
O centro de saúde de As Pontes atende a en torno ás 10.400 tarxetas sanitarias, das que 1.100 pertencen á idade pediátrica. Un total de 42 profesionais desenvolven o seu traballo neste Concello tanto no centro de saúde como no Punto de Atención Continuada, entre facultativos (8 no centro, e 4 no PAC), enfermería (9 no centro e 4 no PAC), pediatra (1), matrona (1), farmacéutico (1), fisioterapeuta (2), odontólogo (1), hixienista (1), persoal administrativo e de servizos xerais (5 no centro e 2 no PAC), e celadores (1 no centro e 2 no PAC).
 

Os e as profesionais deste centro realizaron preto de 113.000 actos sanitarios durante o pasado ano 2018. Un total de 59.835 consultas de medicina xeral; 37.444 de Enfermaría; 7.389 actos de pediatría; 2.746 de Odontoloxía e 473 de hixiene bucodental; 2.457 actos de farmacia; e 2.574 de matrona.
Na carteira de Servizos de As Pontes figuran tódalas Unidades de Apoio: Atención adolescente/adulto/ancián; Atención ó paciente crónico; Atención domiciliaria; Atención á muller; Programa do neno san; Atención-tramitación administrativa; Control do tratamento con anticoagulantes orais; IANUS; Cirurxía menor; Saúde bucodental; Fisioterapia; Teleoftamoloxía; Teledermatoloxía; Teleneuroloxía, ademais de e-consulta noutras especialidades; Atención farmacéutica; Ecografía; Espirometría; Citoloxía; Cribado cancro colorrectal; e Punto de Atención Continuada.
 

Este Punto de Atención Continuada do centro de saúde de As Pontes atende á demanda de asistencia sanitaria fóra do horario ordinario, de 15:00 a 08:00 horas, e os festivos as 24 horas. Conta con catro médicos, catro profesionais de enfermería, dous celadores e dous profesionais de Servizos Xerais

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss