A Xunta destina 367.290 euros ao desenvolvemento de convenios para a incorporación social de pacientes con trastornos relacionados con substancias adictivas
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática do Sergas Lectura automática
» Axuda
.
09 04 2019

​O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, asinou esta mañá os convenios de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e sete asociacións por un importe de 272.606 euros. Estas axudas están destinadas ao desenvolvemento dos programas de atención sanitaria e xurídico social á poboación con trastornos adictivos por parte de entidades sen ánimo de lucro da nosa Comunidade Autónoma.

As entidades coas que se asinan os convenios son ALIAD-ULTREIA (Lugo), Antonio Noche (A Coruña), ATOX (Ourense), Érguete (Vigo), Renacer (Ribeira), Rexurdir Provincial (Pontevedra), e Vieiro (Carballo).
O programa de atención xurídico social está dirixido á atención integral das persoas con trastornos adictivos e problemática legal engadida, prestando axuda técnica a xuíces e fiscais sobre a realidade social e persoal así como ao persoal asistencial e ás familias. Durante 2018, estes convenios permitiron a realización de 4.125 intervencións cos usuarios.
 
Coa Fundación Érguete-Integración asinouse un convenio específico para o desenvolvemento do programa Itínere de seguimento e atención ás persoas en tratamento tras unha pena privativa de liberdade. O Sergas destina un total de 94.684 euros a este programa. Itínere desenvolve actividades formativas e de orientación para a incorporación social e laboral das persoas privadas de liberdade ou en proceso de excarcelación. O pasado ano 2018, este programa beneficiou a un total de 449 usuarios e permitiu a realización de 30 actividades.
 
Estes convenios asinados hoxe, compleméntanse cos autorizados en marzo polo Consello da Xunta con diferentes asociacións sen ánimo de lucro, para o desenvolvemento de programas de asistencia a pacientes con trastornos adictivos, por un importe de 4.330.652 euros. 
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss