O equipo de xuvenís do Celta de Vigo recibiu tarxetas simbólicas de doadores de órganos para sensibilizar á cidadanía da importancia da doazón
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática do Sergas Lectura automática
» Axuda
.
11 04 2019

A cidade deportiva da Madroa acolleu onte pola tarde o acto de entrega, aos xuvenís do Celta CF, na actualidade na liga nacional da súa categoría, dunha tarxeta de doadores simbólica para sensibilizar á cidadanía e dar visibilidade, co seu exemplo, da importancia da doazón.

O evento, realizado en colaboración coa Fundación Celta de Vigo, contou coa presenza da directora da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue, Marisa López García, organismo dependente da Consellería de Sanidade, así como de Carlos Sánchez Montes, deportista de elite trasplantado e vicepresidente 2º de Deporte e Trasplante España, á vez que colaborador da Asociación de Doadores e Receptores de Órganos de Vigo (Adrovi), cuxo presidente Celso García, tamén asistiu ao acto.

Destacar, así mesmo, a presenza na entrega dos carnés do coordinador das categorías inferiores do Celta, Michel Martínez, e o corpo técnico do xuvenil nacional.

Remarcar, igualmente, que en datas previas ao acto, Carlos Sánchez impartiu unha charla informativa sobre doazón, que resultou ser a orixe da petición das tarxetas.

8.000 trasplantes
Cómpre sinalar que, o pasado mes de marzo, levouse a cabo na nosa comunidade o transplante de órganos número 8.000, cifra acumulada desde o ano 1981, data da primeira intervención cirúrxica de transplante nos centros sanitarios do Servizo Galego de Saúde.
 

No caso de Galicia, a cifra de intervencións cirúrxicas de transplante ten experimentado unha crecente evolución no transcurso dos últimos anos e que se reflicte nos 8.000 transplantes que supuxeron unha segunda oportunidade de vida para outros tantos doentes.

No pasado ano, Galicia bateu o seu récord de transplantes, con 354 intervencións, rexistrando unha media dun transplante diario. Así mesmo, esta intensa actividade puido materializarse grazas á solidariedade dos 116 doantes de órganos e as súas familias, a cifra máis elevada desde a posta en funcionamento do programa de transplantes en Galicia.

O Servizo Galego de Saúde e ADOS reiteran o seu un recoñecemento público aos doantes e ás súas familias, pola valentía, a fortaleza e a xenerosidade que amosan neses momentos difíciles, agradecemento que fan extensivo ao conxunto da sociedade e aos profesionais dos hospitais galegos, que posibilitan que as cifras de transplante se manteñan en Galicia.

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss