Cardioloxía, nefroloxía e a unidade de enfermidades infecciosas de pediatría composteláns, recollen o premio como gañadores na XIII edicións dos premios Best in class, que recoñecen aos mellores servizos sanitarios de España
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática do Sergas Lectura automática
» Axuda
.
12 04 2019

Santiago, 11 de abril de 2019.- Co fin de promocionar a calidade asistencial nos hospitais e centros de saúde, concédense cada ano os premios Best in Class (BIC). A calidade asistencial, a innovación e a atención ao doente dos traballadores da xerencia de Xestión Integrada de Santiago foi novamente recoñecida nestes prestixiosos premios BIC, promovidos anualmente polo diario de información sanitaria Gaceta Médica e a cátedra de Innovación e xestión sanitaria da Universidad Rey Juan Carlos e aos que este ano concorreron máis de 120 hospitais e 800 servizos de toda España.

Os responsables dos servizos hospitalarios de Cardioloxía, Nefroloxía, así como a Unidade de Enfermidades Infecciosas de Pediatría da xerencia compostelá recollen o galardón que os recoñece como o mellor de España, nun acto desenvolvido na Consellería de Sanidade en Santiago de Compostela, presidido polo conselleiro, Jesús Vazquez Almuiña.

Ao asistiron a xerente de Xestión Integrada de Santiago, Eloína Núñez, subdirectora de Calidade e Atención ao doente, Beatriz Pais; o xefe de servizo de Cardioloxía, J. Ramón González Juanatey; o xefe de servizo de Nefroloxía, Cándido Diaz, o xefe de Servizo de Pediatría, Federico Martinón; xefa do servizo de Farmacia, Irene Zarra; o xefe de servizo de Neuroloxía, (anteriormente responsable da Unidade de Esclerose Múltiple) José María Prieto; o xefe do servizo de Psiquiatría, Mario Páramo e o xefe de Servizo do Centro de Saúde de A Estrada, Juan Sánchez.

Os servizos de Farmacia Hospitalaria, Microbioloxía, Neuroloxía e Psiquiatría, así como a unidade de Esclerose Múltiple da XXIS, quedaron finalistas, é dicir, entre os 5 primeiros de España. Por outra banda, tamén quedaron finalistas o CHUS, recoñecido entre os 10 mellores hospitais de “alta Complexidade de España, o Centro de Saúde de A Estrada, entre os 5 primeiros centros de saúde de España e a xerencia de Xestión Integrada de Santiago entre as 5 mellores organizacións integradas de España.

Estes premios teñen como obxectivo recoñecer publicamente aos mellores centros de atención primaria e hospitalaria de España, así como aos mellores servizos e unidades do territorio nacional, tanto públicos como privados, que buscan a excelencia na atención que prestan aos seus pacientes.

A concesión dos premios baséase na puntuación obtida polos candidatos co Índice de Calidade Asistencial ao Paciente (ICAP), que se establece a partir da análise multivariable dos datos recollidos nos cuestionarios de autoavaliación cumprimentados polos hospitais e centros de atención primaria.

A Cátedra de Innovación e Xestión Sanitaria da Universidad Rey Juan Carlos e as distintas sociedades científicas colaboran dando rigor e independencia ao sistema de avaliación da calidade asistencial.

A organización dos Premios BiC só fai públicos os ganadores e finalistas en cada categoría. Os ganadores reciben un diploma acreditativo nun acto público e a prestación dun servizo que lles sirva de ferramenta de mellora continua. Ademais, os ganadores e finalistas forman parte da Guía dos Mellores Hospitais e Servizos Sanitarios que se edita anualmente.

Saúdos

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss