O Sergas publica os resultados definitivos do proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías de persoal técnico sanitario
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática do Sergas Lectura automática
» Axuda
.
15 04 2019

​O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica, na súa edición de hoxe, o anuncio polo que de dá publicidade á orde de prelación e á puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario. Trátase de persoal técnico superior en anatomía patolóxica e citoloxía, en dietética e nutrición, en documentación sanitaria, en hixiene bucodental, en imaxe para o diagnóstico, en laboratorio de diagnóstico clínico, en radioterapia, así como persoal técnico en coidados auxiliares de enfermaría e técnico en farmacia.

Xeráronse un total de 17.045 inscricións, sumando as do anterior proceso e as de nova xeración. A categoría con maior número de solicitudes é a de persoal técnico en coidados de enfermería, con 10.517 inscricións. O 15,59% foron novas inscricións realizadas despois da data límite de presentación de solicitudes do anterior proceso. Resultaron excluídas do proceso o 1,14% das solicitudes de participación.
 
As listas definitivas atópanse publicadas, á disposición dos interesados, na páxina web do Sergas (www.sergas.es), no apartado Emprego Público-Listaxes de persoal estatutario. O estado de cada solicitude pode ser consultado polas persoas aspirantes no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos. As listas entrarán en vigor mañá, martes 16 de abril.
 
Próximas publicacións
Está previsto que, proximamente, se publiquen as listas definitivas das categorías de persoal de enfermería, enfermeiro da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, enfermeiro especialista en enfermaría do traballo, enfermeiro especialista de saúde mental, enfermeiro especialista en obstetricia e xinecoloxía, enfermeiro especialista en enfermaría familiar e comunitaria, médico de familia, médico de urxencias hospitalarias, pediatra de atención primaria e persoal de servizos xerais.

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss