O Sergas e o Concello de Vilanova de Arousa asinan un convenio de colaboración para reformar o centro de saúde
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática do Sergas Lectura automática
» Axuda
.
02 05 2019

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, e o alcalde do Concello de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán Hermida, asinaron hoxe, no Edificio Administrativo de San Lázaro, un convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o antedito Concello, no que se establecen as bases de colaboración para o financiamento das obras de reforma do centro de saúde desta localidade.

O investimento da reforma ascende a 40.832 euros, cantidade que será cofinanciada a partes iguais, sendo a cantidade correspondente a cada institución de 20.416 euros.

Tanto o Sergas como o concello consideran que faise necesario acometer unha serie de obras de reforma no centro de saúde a fin de dar unha mellor resposta aos problemas de saúde da poboación deste municipio, mediante actuacións que permitan mellorar as dotacións e infraestruturas dedicadas á atención asistencial á cidadanía de Vilanova.
 
Obxecto das obras
Segundo se detalla no informe do Servizo de Obras e Supervisión de Proxectos do Sergas, a reforma comprenderá a substitución do ascensor e do acumulador, así como diversas actuacións de mantemento destinadas á reparación de portas tanto interiores como exteriores, a substitución de azulexos, a pintura de varias dependencias e a reparación da instalación eléctrica.
 
Mediante o convenio, o concello, como titular do centro de saúde, asume a obriga de supervisión do proxecto técnico das obras e a contratación, dirección e execución das mesmas. Pola súa banda, corresponde ao Sergas a coordinación, xunto co concello, daquelas actuacións que resulten necesarias para garantir o mantemento e a continuidade asistencial durante a execución das obras.

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss