O Sergas publica as listas provisionais de admitidos e excluídos e os resultados provisionais de baremación no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario e funcionario
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática do Sergas Lectura automática
» Axuda
.
06 05 2019

​O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica, na súa edición de hoxe, á relación provisional de admitidos e excluídos e os resultados provisionais de baremación no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario e funcionario. En total, xeráronse 3.267 inscricións, sumando as do anterior proceso e as novas inscricións, que supoñen un 6,65% do total.  

As categorías de persoal estatutario recollidas nas listas son as de calefactor, condutor, electricista, fontaneiro e mecánico. En canto as listas de persoal funcionario, abranguen aos colectivos profesionais de inspector médico, subinspector sanitario, ATS/DUE, inspector farmacéutico, farmacéutico inspector de saúde pública e licenciado sanitario: licenciado en medicina e cirurxía, licenciado en farmacia, licenciado en ciencias químicas, licenciado en ciencias biolóxicas e licenciado en psicoloxía. A categoría de licenciado sanitario é a que ten un maior número de inscriciones, concretamente 677.
 
A lista provisional de admitidos e excluídos, coa asignación da puntuación provisional e o número de orde acadado polos primeiros, atópanse publicadas na web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es). Ademais, os aspirantes poden consultar desde hoxe, no seu expediente electrónico persoal (Fides/expedient-e) a súa posición relativa e o número de orde nas listas xeradas; así como de ser o caso, as causas de rexeitamento dalgún dos méritos presentados, dotando de total transparencia ao proceso de selección.
 
Na mesma resolución, ábrese un prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao día da publicación, para que as persoas interesadas poidan formular as alegacións que estimen oportunas con relación á súa inadmisión e aos resultados obtidos na baremación provisional. A estimación ou desestimación, logo da súa análise e valoración, incluirase na resolución pola que se publiquen as listas definitivas, que determinará a data de entrada en vigor de tales listas.
 
Disporán do mesmo prazo as persoas que tendo presentado debidamente a solicitude non consten como admitidas nin excluídas.
 
Próximas publicacións
Proximamente publicaranse as listas definitivas das categorías de persoal de  enfermería, persoal de enfermería da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, persoal de enfermería especialista en enfermería do traballo, persoal de enfermería especialista en saúde mental, persoal de enfermería especialista en obstetricia e xinecoloxía, persoal de enfermería especialista en enfermería familiar e comunitaria, médico de familia, médico de urxencias hospitalarias,  pediatra de atención primaria e persoal de servizos xerais.

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss