A Xerencia de Santiago súmase á campaña da OMS sobre a concienciación da importancia da hixiene de mans na prevención das infeccións
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática do Sergas Lectura automática
» Axuda
.
06 05 2019

​​Santiago, 6 de maio 2019.- A Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela celebra hoxe o “Día Mundial da Hixiene de Mans” (que se conmemorou onte 5 de maio) e que este ano tivo por lema “unha atención limpa para todos, está nas túas mans previr”.

E faino con múltiples actividades nos seus centros. Así, ao longo da mañá, instaláronse mesas informativas sobre o correcto procedemento para a hixiene de mans na entrada principal do Hospital Clínico, do Hospital de Conxo e no Hospital da Barbanza dirixida a informar a toda a poboación que se achegue ata estes centros hospitalarios. Nas unidades de enfermería e salas de espera das plantas de hospitalización tamén se levaron a cabo sesións informativas e de recordatorio dirixidas a profesionais.


Asemade, organizáronse actividades para aos máis cativos. Nas escolas Infantís para fillos de profesionais, situadas no Hospital Gil Casares e no Hospital da Barbanza realizáronse traballos manuais e lavados de mans, así como unha representación musical para ensinar aos máis pequenos. Na Aula de pediatría para nenos hospitalizados levouse a cabo un concurso de relatos e debuxos así como unha demostración do correcto lavado de mans.

O director de asistencia sanitaria da consellería de Sanidade, Jorge Aboal, a xerente de Xestión Integrada de Santiago, Eloína Núñez, a xefa do Servizo de Medicina Preventiva e Saúde Pública da xerencia, Teresa Queiro, a subdirectora de Calidade, Beatriz Pais, acompañadas polas supervisoras da Medicina Preventiva, Mónica Conde e de Calidade, Sandra Sixto, e por outras profesionais da enfermería, visitaron a mesa informativa situada ao longo da mañá no Hospital Clínico.

Nos centros de saúde da área compostelá realízanse actividades formativas e informativas ao longo do ano amais de ter unha dotación do 100% das camas de hospitalización e UCI de preparados de solucións alcohólicas para a correcta limpeza de mans. Tamén ten implantados programas nacionais e internacionais de control das bacterias multirresistentes.

Segundo recorda a OMS as principais medidas para previr a infección na sanidade, amais da limpeza correcta de mans (que reduce o 50% das infeccións) son un contorno e uns materiais limpos e funcionais, auga potable e servizos de saneamento, e os programas e equipos para a prevención e control das infeccións que as reducen un 30%.




 

Saúdos

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss