Almuiña considera fundamental establecer canles de participación dos pacientes e das asociacións
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática do Sergas Lectura automática
» Axuda
.
07 05 2019

​O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, considera necesario que, para traballar nos indicadores de resultados en saúde, é fundamental establecer canles de participación dos pacientes e das asociacións. Así o manifestou no transcurso do acto inaugural da 3ª Xornada precongresual do 21 Congreso Nacional de Hospitais e Xestión Sanitaria, celebrada na Cidade da Cultura. Neste senso, subliñou a importancia de introducir o concepto de valor nos procesos asistencias, é dicir, focalizalos no que necesita o paciente, a forma na que o necesita, e valorar o que lle é útil e resolve o seu problema de saúde.

Tras manifestar que neste congreso vanse abordar diversas iniciativas para medir resultados en saúde, “que están a ser aplicadas nas nosas organizacións”, Almuiña indicou que, para traballar nos indicadores de resultados en saúde, é fundamental a participación dos pacientes. Neste senso, remarcou que “o Sergas está a poñer en marcha iniciativas e conseguindo avances”. Un bo exemplo no establecemento de canles de participación dos pacientes e das asociacións é, -dixo Almuiña-, o Consello Asesor de Pacientes, e os consellos asesores de área, así como a Escola de Saúde para Cidadáns.
 
Outro dos obxectivos centrais é, -para o máximo responsable do Sergas-, ser máis eficientes, “centrándonos no que resulta fundamental para o paciente”. Ao respecto, “a través da nosa plataforma Bigdata e intelixencia artificial, coa consolidación anual de máis de 150 millóns de datos de interese clínico, podemos dispoñer dunha información moi valiosa para a análise e toma de decisións”.
 
Xunto ao anterior, no ámbito da farmacia contamos ademais, -dixo Almuiña-, con iniciativas como FIRES (Farmacoloxía e Resultados en Saúde), “coa que estamos a traballar en proxectos de medición de resultados e innovando na contratación de subministro de medicamentos inmuno-oncolóxicos en Galicia”.
 

Esta tendencia de modelo asistencial, da que se falou no Congreso, iniciouse hai uns anos grazas ao empeño duns profesionais comprometidos en conseguir ferramentas que proporcionasen evidencia do que necesita e resulta importante para o paciente, buscando sempre a eficiencia. Esta actitude non so é un xeito de traballar, tamén “é unha mostra de responsabilidade nos sistemas públicos de saúde”, -remarcou-.

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss