Almuiña considera imprenscindible a innovación para adaptar o sistema sanitario ás necesidades actuais das persoas
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática do Sergas Lectura automática
» Axuda
.
10 05 2019
 “A innovación non é so unha axuda, senón unha ferramenta imprescindible para adaptar o sistema sanitario ás necesidades actuais das persoas, utilizando de xeito adecuado os medios dispoñibles”. Así o destacou o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, no acto de clausura do 21 Congreso Nacional de Hospitais e Xestión Sanitaria. Segundo o máximo responsable sanitario, “xeramos e dispoñemos de grandes volúmenes de datos e temos o reto de estruturalos e convertilos en información útil para continuar o ciclo de creación de coñecemento, avaliación e toma de decisións”. Tal e como subliñou o conselleiro, “estamos a avanzar constantamente e non cabe ningunha dúbida de que o Sistema Nacional de Saúde é un dos mellores do mundo, en calidade e tamén en eficiencia”, para continuar incidindo en que “Galicia, apostou por innovar en todos os ámbitos na búsqueda da excelencia e da garantía da sostenibilidade do sistema”.
 
Na súa intervención, o máximo responsable do Servizo Galego de Saúde citou algunha das iniciativas galegas máis destacadas xurdidas dos proxectos europeos, e entre elas remarcou a plataforma de teleasistencia domiciliaria, que permite la telemonitorización de pacientes crónicos; a historia clínica electrónica, accesible ao 100% dos profesionais sanitarios; a dixitalización da imaxe en anatomía patolóxica; ou a xestión do proceso cirúrxico con optimización dos procesos con control por voz e xestos.
 
Tamén destacou Almuiña a plataforma única de soporte á compra, que permite ao Sergas tramitar 27.000 pedidos ao mes ou servir máis de 200.000 liñas de produtos aos máis de 600 centros sanitarios.

O conselleiro amosouse convencido de que, a través da innovación, “conseguirase un salto cualitativo moi importante no que se refire aos instrumentos dispoñibles, á organización do traballo e aos servizos prestados”. Tamén considera Almuiña como elemento transformador para a organización sanitaria, a participación dos pacientes e a comunicación con eles.

 

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss